Esta semana os Axentes Medioambientais reunidos nunha asemblea informativa en Santiago, e a petición do seu binomio e amigo Alejandro Rodriguez Pazos, dedicaron un forte aplauso de despedida ao seu compañeiro Manuel.
Ás veces cando un perde a un compañeiro como Manuel, non sabe que decir… Si destacar os 25 anos como profesional, si falar de cando se queimou as mans nun incendio, de cando rompeu a perna, ou simplemente do seu compañerismo… Desgrazadamente levamos uns anos que imos a mais enterros (Ricardo, “Quillo”, Trigo, Poza, José Manuel, Cesáreo, Casanova…) que a xubilacións e este é un dato preocupante…

Manuel xa non está con nós, os últimos meses foron moi duros; sirva este recordatorio para homenaxear ó noso colectivo e aloumiñar á familia de Manuel… Dende algún sitio seguirá vixilante…

Sit tibi terra levis