boton_aprafoga

APRAFOGA 

Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medoambientais de Galicia   

APRAFOGA viuse imposibilitada a asistir á reunión coa Dirección Xeral de Función Pública, a Consellería de Medio Rural, a Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Educación, na que se estaba traballando para lograr o proceso de acceso ó grupo B dos Axentes Medioambientais.

Esta imposibilidade de asistencia é totalmente allea á vontade da Directiva de APRAFOGA.

A instrución non parte da Administración, senón das cúpulas dos sindicatos, que manifestan ser os únicos lexitimados para realizar a acción sindical, coa desconformidade dos nosos representantes sindicais e desoíndo as peticións deles dentro destes sindicatos.

Deste xeito minguase a acción social de APRAFOGA, que ten por obxectivo a defensa dos Axentes Forestais, Axentes Facultativos Medioambientais de Galicia e da súa profesión. Tras manter conversas cos representantes de todos os sindicatos, consideran que a situación é irreversible, polo que APRAFOGA a partir de agora, non pode acudir xunto cos sindicatos ás reunións coa Administración, nin encabezar as notas informativas destas reunións.

A 5 de marzo de 2016.

Asdo: A Directiva.