IMGP2336

O día 9 de xullo iníciase un incendio na paraxe de Cutian, parroquia de San Xurxo, concello de Cotobade, Pontevedra, detectado ás 13:59 horas.
Axentes Facultativos Medioambientales do Distrito Forestal XIX, da Brigada de investigación de incendios forestais (Biif), sobre as 15:00 horas inician a investigación e atopan un artefacto incendiario de fabricación caseira no punto de inicio do incendio, mentres outros dous Axentes Facultativos Medioambientales dirixen as labouras de extinción do mesmo, coordinando as brigadas de extinción, medios aéreos e un bulldozer.
A área de inicio foi balizada rápidamente, o que permitiu que non fose destruído este artefacto e así poder establecer a causa e a partir de aí abrir as liñas de investigación.

IMGP2334 IMGP2346

 

 

IMGP2357 IMGP2358

 

20150709_161155

 

faro1lavoz