Nesta publicación descríbense os tratamentos fitosanitarios destinados a protexer o castiñeiro da avespa chinesa (Dryocosmus kuriphilus) segundo a revisión bibliográfica dos documentos que recollen a experiencia de loita noutros países como Italia, Xapón ou China. Esta guía está orientada a produtores, viveiristas e, en xeral, aos interesados no castiñeiro.
A avespa foi detectada en Galicia en maio de 2014 e, segundo a proxección elaborada na presente publicación, invadirá gran parte das poboacións de castiñeiro da comunidade autónoma en catro ou cinco anos.

Pdf.(Dryocosmus kuriphilus).