CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se somete a información pública o proxecto da orde pola que se aproba o Plan de acción para a loita contra o uso ilegal do veleno no medio natural de Galicia. A colocación de cebos envelenados no medio natural produce cada ano a morte dun gran número de exemplares de animais domésticos e de fauna silvestre protexida. Por este motivo, esta práctica ilegal é sancionada a nivel nacional pola Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, e a nivel autonómico pola Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, e a Lei 13/2013, do 23 de decem- bro, de caza de Galicia, ao mesmo tempo que está tipifcada como delito no Código penal.

A Estratexia nacional contra o uso ilegal de cebos envelenados no medio natural, apro- bada pola Comisión Nacional de Protección de la Natureza e pola Conferencia Sectorial de Medio Ambiente no ano 2004, recomenda ás comunidades autónomas o desenvol- vemento de estratexias rexionais no ámbito da súa competencia que apliquen os fns da nacional. O Plan de acción para a loita contra o uso ilegal do veleno no medio natural de Gali- cia, que se aprobará mediante o proxecto de orde da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, foi redactado seguindo as directrices da dita estratexia nacional e ten por obxecto controlar o uso ilegal do veleno no medio natural de Galicia. Con esta fnalidade, establece un conxunto de liñas estratéxicas e actuacións impulsadas por esta consellería que se desenvolverá en coordinación con outros departamentos, autoridades e forzas e corpos de seguridade competentes no seu control; ao mesmo tempo que prevé a participación das entidades implicadas na protección do ambiente e dos colectivos con presenza no medio rural, tales como os dedicados á agricultura, gandaría e caza.

De acordo co exposto e de conformidade co establecido no parágrafo segundo do artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que establece que, cando o contido e a repercusión da disposición o aconsellen, será sometida a información pública,

RESOLVO: Primeiro. desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, o proxecto da orde da Consellería Someter a información pública, por un prazo de 15 días hábiles, contados de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pola que se aproba o Plan de acción para a loita contra o uso ilegal do veleno no medio natural de Galicia. Segundo. seguinte ligazón da páxina web da Xunta de Galicia: Durante o citado prazo, poderase consultar o texto do proxecto de orde na http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en- tramitacion/en-prazo-de-envio-de-suxestions Terceiro. As persoas interesadas poden enviar as súas alegacións: – Preferentemente, mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: biodiversidade.cma@xunta.es – Alternativamente, mediante a presentación de escrito dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Tamén se poden remitir suxestións a través do formulario disposto para este fn na liga- zón da páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio indicada no punto segundo desta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2016

Ana Mª Díaz López Directora xeral de Conservación da Natureza

BORRADOR DO PROYECTO PLAN VENENO.pdf