Recurso contencioso-administrativo de Aprafoga

 

D.O.G. nº 88. Mércores, 08 de maio de 2002

 

Resolución do 16 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan ás persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000318/2002-IN, interposto pola Asociación Profesional de Axentes Forestáis.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000318/2002-IN interposto pola Asociación Profesional de Axentes Forestáis contra a Orde do 18 de decembro de 2001, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de Auxiliares Técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de Axentes Forestáis, publicada no DOG nº 250, do 28-12-2001.

En consecuencia, esta Dirección Xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-aministrativa a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados dende o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2002.

 

Belén Prado Sanjurjo
Directora xeral da Función Pública.{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies