En Galicia os faiales deixan paso a bosques mixtos de diferentes especies. A competencia polo dominio do bosque é moito máis aberta. Non entanto podemos dicir que en cotas de altitude media a árbore predominante é o carballo albar, aínda que nos vales e zonas baixas as árbores dominantes son o carballo, a aveleira, os arces, os fresnos ou o castiñeiro. Outro tipo de formación boscosa son as fragas, onde pode dominar o carballo, pero que adoita estar cuberta de numerosos arbustos, fieitos e plantas trepadeiras. No sur existen bosques típicamente mediterráneos con aciñeiras e alcornoques. Unhas árbores bastante estendidas de xeito artificial son o piñeiro galego ou o eucalipto. O que conforma un mosaico forestal de gran variedade única en toda a Península Ibérica.