<br /> Axentes da Consellería de Medio Ambiente interceptan a dous pescadores furtivos de salmóns no río Ulla

Axentes dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sorprenderon durante a tarde do pasado 6 de xaneiro a dous pescadores furtivos que se dirixían cara a unha das mellores zonas de reprodución de salmóns no río Ulla, no lugar de Ollares (Vila de Cruces).

No momento en que foron localizados, ambos individuos portaban artes ilegais de pesca, fisgas e trasmallos, xunto a focos de luz e unha escopeta de caza con postas sen a documentación pertinente. Tras ser sorprendidos, os furtivos déronse á fuga, pero tras unha persecución foron finalmente interceptados polos axentes medioambientais, pertencentes ao Distrito XVI Deza-Tabeirós.

A raíz deste operativo, presentáronse tres denuncias na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra: unha por posesión de artes prohibidas de pesca na zona de servidume do río Ulla contra cada un dos dous denunciados, e outra pola tenencia dunha arma sen a documentación correspondente e con cartuchos de munición ilegal (postas).

O trasmallo e as tres fisgas decomisadas polos axentes, de diferentes tamaños e números de dentes, foron entregados para a súa custodia no Servizo Provincial de Patrimonio Natural de Pontevedra, mentres que a escopeta foi levada ao posto da Garda Civil, en Lalín.

Aínda que non é a primeira vez que se detectan prácticas deste tipo en augas salmoneiras da Comunidade, operativos contra o furtivismo como o do día 6 resultan moi complexos e pouco habituais xa que é difícil sorprender in situ aos infractores. A importancia da operación realizada polos axentes medioambientais da Xunta é aínda maior tendo en conta a zona na que se produciu, xa que o salmón Atlántico vén desde moi lonxe, percorrendo miles de quilómetros, para reproducirse ao río onde naceu, e tras superar esta complicada viaxe de ida e volta, a supervivencia destas poboacións depende do éxito da súa reprodución.

Leer máis en:

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/54515/agentes-conselleria-medio-ambiente-interceptan-dos-pescadores-furtivos-salmones

http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/149712-interceptan-vila-cruces-pescadores-furtivos-salmons-rio-ulla 

https://www.europapress.es/galego/noticia-interceptados-dous-pescadores-furtivos-salmons-no-rio-ulla-vila-cruces-pontevedra-20210108164303.html

https://www.elcorreogallego.es/ocorreodedeza/interceptan-a-dous-pescadores-furtivos-de-salmons-no-rio-ulla-BG5932407

https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/01/08/interceptan-vila-cruces-pescadores-furtivos-27195124.html

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/deza/vila-de-cruces/2021/01/08/interceptan-dos-pescadores-furtivos-salmones-ollares-cruces-rio-ulla/00031610123653228274135.htm

https://nhdiario.es/interceptan-a-dos-pescadores-furtivos-de-salmones-en-el-rio-ulla/

https://www.lavanguardia.com/local/galicia/20210108/6175025/interceptados-dos-pescadores-furtivos-salmones-rio-ulla-vila-cruces-pontevedra.html

https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/2254794/interceptados-pescadores-furtivos-salmones-rio-ulla-vila-cruces-pontevedra

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies