Unha loba aparece morta dun disparo na Gudiña

Axentes ambientais da Xunta investigan os feitos

A Asociación Profesional de Axentes Medioambientais e Forestais de Galicia ( Aprafoga) denunciou o achado do cadáver dunha loba na Gudiña.

Foron os operarios que traballaban nunha liña eléctrica na parroquia de Cañizo do municipio ourensán, quen o pasado martes descubriron o corpo do animal morto por un disparo, así como tamén o dun xabaril que podería utilizarse como cebo para acabar coa loba.

Aprafoga fíxose eco do suceso nas súas redes sociais.

Axentes ambientais da Xunta de Galicia investigan os feitos para atopar ao culpable.

Máis información en: 

https://www.cope.es/emisoras/galicia/ourense-provincia/ourense/noticias/una-loba-aparece-muerta-disparo-caniza-20210218_1148341

 https://www.farodevigo.es/ourense/2021/02/17/abren-fuego-lobo-muere-tiroteada-caza-34963769.html

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies