A fenda aberta co lobo: o debate que agocha as outras feridas rurais

Desde a Asociación Profesional de Axentes Medioambientais e Forestais de Galicia (Aprafoga) solicitan máis medios por parte da Xunta de Galicia para controlar o furtivismo. “Sabemos que durante as tempadas de caza hai quen aproveita para cruzar a liña, pero non nos dotan de recursos suficientes para supervisar as batidas. Moitas das iniciativas facémolas a título particular, e iso é froito dun diálogo de moito tempo coas partes implicadas, pero non notamos o apoio suficiente desde a Xunta. Isto é unha mostra máis do desleixo ao que estamos sometidos no medio rural, e o que transcende é unha hipocrisía bastante grande arredor do tema desde as instancias superiores das Administracións”, apunta José Prendes, membro de Aprafoga e axente medioambiental desde 1994, que actualmente traballa na zona do Condado-Paradanta. Prendes lamenta a ausencia de directrices desde a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, tanto no traballo a prol da biodiversidade como na vixilancia, en concreto, en todo o referente ao lobo.

Máis información en: https://www.gciencia.com/medioambiental/a-fenda-aberta-co-lobo-o-debate-que-agocha-as-outras-feridas-rurais/

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies