Axentes Ambientais da Xunta e a Garda Civil colaboran para tratar de poñer coto aos que usan os vehículos todoterreo

Axentes Ambientais da Xunta e a Garda Civil colaboran para tratar de poñer coto aos que usan os vehículos todoterreo de maneira ilegal, denunciado a 26 condutores de vehículos todoterreo que circulaban por pistas forestais do Val Miñor (Pontevedra), nove dos cales infrinxiron a lei que prohibe a circulación de vehículos de motor en zona forestal, 15 que quebrantaron o regulamento xeral de condución e dúas por inclumplir o peche perimetral.
O operativo foi coordinado polo posto principal da Garda Civil de Gondomar, en colaboración con patrullas do Seprona de Vigo e O Porriño e dos axentes ambientais de Vigo-Baixo Miño.
En concreto, este dispositivo foi establecido para previr o acceso incontrolado de vehículos de motor nos montes da comarca do Val Miñor, con intención de previr os danos “sistemáticos que veñen producindo” na contorna natural por este tipo de vehículos.

Máis información en: https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/2781044/guardia-civil-denuncia-26-conductores-vehiculos-todoterreno-circulaban-montes-val-minor-pontevedra

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies