Axentes Ambientais interceptan en Forcarei a un furtivo con máis de 30 troitas por debaixo da talla legal

Axentes medioambientais dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sorprenderon a semana pasada no concello de Forcarei a un pescador que levaba na cesta un total de 38 troitas, das cales 33 non cumprían coa talla legalmente establecida.

Os feitos producíronse sobre as 19,00 horas do venres 14 de maio, cando axentes do distrito XVI Deza-Tabeirós interceptaron ao furtivo no río Freixeira, un afluente da parte alta do río Lérez. Tras revisar as súas capturas, comprobaron que só cinco das troitas daban a talla legal que nesta zona é de 19 cm e algúns dos exemplares medían menos de 10 cm.

Por este motivo, o pescador interceptado, con residencia no municipio de Forcarei, será denunciado pola comisión de dúas infraccións: exceder o cupo máximo de seis troitas por día e persoa, e pescar 33 exemplares de tamaño ilegal xa que incumprían a medida regulamentaria.

Cómpre subliñar que se está a detectar en Galicia un incremento das denuncias a pescadores sorprendidos cun gran número de troitas no cesto, o que fai sospeitar que existe un mercado que as demanda.

Aínda que non é a primeira vez que se detectan prácticas deste tipo en augas da Comunidade, operativos contra o furtivismo como o da semana pasada resultan moi complexos e pouco habituais xa que é difícil sorprender in situ aos infractores.

Todas as troitas interceptadas polos axentes medioambientais neste operativo foron entregadas na Residencia de Maiores da Estrada.

Máis información en:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/forcarei/2021/05/18/interceptan-furtivo-forcarei-30-truchas-debajo-talla-legal/00031621337687952886692.htm

https://www.europapress.es/galicia/pesca-00247/noticia-medio-ambiente-intercepta-forcarei-furtivo-mas-30-truchas-debajo-talla-legal-20210518145357.html

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/58114/agentes-conselleria-medio-ambiente-interceptan-forcarei-furtivo-con-mas-30-truchas

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies