World Ranger Day 2023

O Día Mundial dos Guardaparques (WRD – “World Ranger Day”) celébrase en todo o mundo o 31 de xullo para conmemorar aos guardaparques mortos ou feridos en acto de servizo e celebrar o labor que realizan para protexer os tesouros naturais e o patrimonio cultural do planeta.

Deteñámonos un momento para reflexionar sobre a valentía e o sacrificio dos Rangers, honrando aos Rangers caídos e apoiando aos Rangers que desempeñan valientemente o seu papel en primeira liña.

O Día Mundial dos Guardaparques é unha iniciativa da Federación Internacional de Guardaparques (IRF – “International Ranger Federation”) promovida conxuntamente con The Thin Green Line.

O lema do Día Mundial dos Guardaparques de 2023 é “30 por30”, baseado no Convenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica de 2022 (COP15), no que os líderes mundiais e os responsables da toma de decisións acordaron un Marco Mundial para a Biodiversidade. O obxectivo 3 establecía a obrigación de conservar e xestionar eficazmente polo menos o 30% do planeta para 2030 (“30 para o 30”).

Este obxectivo non pode alcanzarse sen unha man de obra coñecedora da zona que conte cos recursos e a formación axeitados. En primeira liña desta man de obra atópanse os gardabosques e traballadores de áreas protexidas, que inclúen persoal empregado polo Estado, pobos indíxenas, gardas comunitarios e voluntarios, e persoal de áreas xestionadas de forma privada. O seu traballo inclúe a protección, conservación, vixilancia, servizos aos visitantes, xestión de incendios, aplicación da lei, educación, apoio á comunidade e regulación do uso sostible.

Mensaxe do WRD 2023 do Presidente da “International Ranger Federation”, Chris Galliers

Dende Galicia a través da Asociación Profesional dos Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia – APRAFOGA,  querémonos sumar a esta campaña e queremos lembrarnos neste día 31 de Xullo no #WorldRangerDay, de todos os #AxentesAmbientais do mundo, 365 días protexendo o que é de todos, cun especial cariño na lembranza dos que xa non están con nós.

Mensaxe do WRD 2023 do Presidente de APRAFOGA, Félix Pérez de la Fuente

Declaración da IRF con motivo do WRD 2023

A continuación deixamos o comunicado oficial da IRFInternational Ranger Federation” con motivo do WRD 2023

Vídeos con motivo do WRD 2023
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies