Alta como soci@ de APRAFOGA

1.- CONDICIÓN DE SOCI@

Segundo se establece nos estatutos da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia:

I: DISPOSICIÓNS XERAIS:

Art. 6º.- Establecense como disposicións xerais os seguintes apartados:

1).- Poderán ser membros desta Asociación os Axentes Forestais e Medioambientais que presten servicio na Comunidade Autónoma de Galicia.

2).- A condición de Asociado adquirirase mediante petición por escrito á Xunta Directiva, que será o órgano encargado de aproba-lo seu ingreso. Nese escrito o interesado fará constar as circunstancias persoais que xustifiquen a súa solicitude, así como o coñecemento e aceptación dos Estatutos, causando alta na data que se lle comunique oficialmente pola Xunta Directiva.

3).- Tódolos Asociados serán activos e terán iguais dereitos e obrigas, excepto os asociados xubilados que non reportarán ningunha cota e serán socios con voz pero sen voto.

2.- ENLACE ÓS ESTATUTOS DA ASOCIACIÓN:

Estatutos APRAFOGA

3.- SOLICITUDE DE ALTA:

Documento para a Solicitude de alta

4.- ENVÍO DA SOLICITUDE:

Imprimir o documento de Solicitude de alta, cubrir os datos solicitados e enviar a solicitude asinada por correo electrónico ó enderezo: aprafoga@gmail.com

A cuota anual de socio é de 50 €

Unha vez enviaras a solicitude por correo a directiva da asociación darache resposta á túa solicitude á maior brevedade posible

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies