A CIG rexeita o recorte de persoal en Presidencia e a privatización de servizos

 

A central cualifica de «persecución sindical» a decisión da consellería de «botar a 55 persoas»
 
ExsindicalistaA sección de Administración da CIG, a Confederación Intersindical Galega, denuncia no seu boletín de xaneiro a política de recorte de persoal que está realizando a Consellería de Presidencia no servizo de limpeza e a adxudicación desta responsabilidade a empresas privadas. Desde CIG Administración denúnciase que «na delegación de Presidencia en Ourense estanse a producir vacantes de limpadoras -xa cairon 2 (55 en toda Galiza) e o goteo segue: Celanova, Ourense…- que seguindo disciplinadamente as instruccións orzamentarias, non se sustitúen». Iso si, Presidencia non se arrisca a «deixar os xulgados sen limpar» e para iso «o que non se pode gastar en empregados públicos, sí se pode na empresa privada».

 
Delegada ex sindicalista
 
Para a central nacionalista o caso da delegación de Ourense é particularmente grave: «A delegada en Ourense, Dona Concepción Camiña (ex-Conchita de UXT), en soberana representación do rol de estandarte, e de todo desmemoriada» se desentende desta decisión de recortar emprego público e privatizar «algo que supoñemos na súa ex vida sindical lle faría proer as entrañas. Cousas da evolución ideolóxica…». O sindicato nacionalista considera que Presidencia iniciou unha clara «persecución sindical» coa amortización de 83 postos de traballo na devandita consellería, ademais de ver como «unha falta absoluta de humanidade -os afectados recibiron a noticia nas datas do Nadal- polo feito de botar á rúa sen máis a 55 persoas, o que demostra un interese especial de eliminar a representación sindical da CIG entre o persoal da Consellería de Presidencia». Desde a central sindical pídese o cesamento do secretario xeral da devandita consellería, demanda que se fai extensible ao conselleiro Méndez Romeu e ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, dos que se solicita a súa dimisión por estar «dacordo coas privatizacións»

Medio Ambiente e Rural

O boletín tamén denuncia que a Consellería de Medio Ambiente «é a consellería que máis empresas ten traballando nas súas instalacións» e que en «servizos centrais hai máis persoal externo que propio».

No caso da consellería de Medio Rural denúnciase o incumprimento do convenio e en Vicepresidencia a falta de persoal nas residencias de Cabeza de Vaca e do Carballiño.
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies