A investigación do delicto de incendio forestal e dos delictos ambientais polos Axentes forestais
A Lei 10/2006, de 28 de abril, pola que se modifica a Lei 43/2003, de 21 de novembro, de Montes, define ao Axente Forestal como Funcionario que ostenta a condición de axente de autoridade pertencente ás Administracións Públicas que, dacordo coa su propia normativa e con independencia da denominación corporativa específica, ten encomendadas, entre outras funcións, as de policía e custodia dos bens xurídicos de natureza forestal e a de policía xudicial en sentido xenérico tal como establece o apartado 6.º do artigo 283 da Lei de Axuizamento Criminal.
Polo tanto é competencia dos Axentes Forestais a investigación dos delictos do seu ámbeto, debendo practicar as dilixencias necesarias para esclarecer a comisión e a autoría dos mesmos, dando conta de todo o actuado á autoridade xudicial.
A maior parte dos 550 Axentes Forestais que compoñen a plantilla deste colectivo en Galicia teñen formación específica para a investigación das causas dos incendios forestais. Non entanto en cada Distrito forestal hai membros deste colectivo máis especializados que teñen mais adicación a estas labouras.
En grandes liñas na investigación dun lume forestal procédese do seguinte xeito:
- Previo ao desprazamento ao lugar recóllense datos meteorolóxicos e datos históricos de incendios anteriores da mesma zona.
- Procura da proba Material, que consiste en desprazamento á zona do incendio para estudar a súa xeometría real e potencial, e mediante a leitura de tódolos vestixios que vai deixando sobre a vexetación e a topografía chégase a acotar a área do seu inicio, e unha vez nesta determínase o ponto ou pontos exactos do seu inicio e o posible medio de ignición ou fonte de calor que o provocou. No caso de atopar un medio de ignición procédese á súa recollida, levantando a correspondente Acta para a súa entrega posterior á autoridade xudicial. Realízase ao tempo unha reportaxe fotográfica e as medicións pertinentes para confeccionar a posteriori os correspondentes croquis e planos.
- Realización da proba persoal, consistente na toma de declaracións voluntarias de testemuñas que poidan aportar datos á investigación.
- Posteriormente realízase un informe detallado do que se da conta á autoridade xudicial.
A determinación do ponto ou pontos de inicio é un traballo de especialización moi laborioso que, ademáis dunha formación teórica específica, precísase de moita experiencia sobre o comportamento do lume, algo que por desgraza atesouran os Axentes Forestais de Galicia pola cantidade de actuacións que acumulan na dirección da extinción destes sinistros.
Ademáis dos Axentes Forestais, tamén as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado teñen a obriga da investigación deste delicto, o que esixe unha boa coordinación entre tódolos corpos para optimizar recursos e acadar os obxectivos. Cando se pon a disposición xudicial un presunto autor dun delicto de incendio forestal soe ser froito do traballo conxunto entre Axentes Forestais e membros da Garda Civil ou da Policía Autonómica, traballando de facto como un equipo mixto de investigación, centrándose aqueles máis na proba material e estes últimos na proba persoal.
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}
{jcomments on}