A maior parte da Rede Natura 2000 está formada por monte mancomunado

 

A Rede Natura 2000 está formada na súa maior parte por montes comunais. Son centos de miles de hectáreas que “gardan un inxente patrimonio natural recoñecido pola Comisión Europea como de interese preferente para a súa conservación”. O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, reclamou onte no Carballiño, na clausura do IV Congreso Galego de Comunidades de Montes, que as administracións públicas compensen aos propietarios comuneiros incluídos nesta Rede “polas externalidades e servizos ambientais” que están a prestar ao resto da cidadanía. Ao mesmo tempo, demanda unha nova Lei de Montes que prime aos mancomunados “no marco dun desenvolvemento sustentable”.

Varela cré que as administracións deben ofrecer mecanismos financeiros específicos aos comuneiros e valorar “na xusta medida os beneficios á hora de conceder subvencións a través dos fondos comunitarios”. O fiscal reclama unha “discriminación positiva” a través de pagos directos por superficie ou como axudas compensatorias por lucro cesante para os comuneiros considerando a protección duns espazos xeradores “dun beneficio social”. Varela atribúe á “apatía e falta de ideas e de liderado” a “verdadeira vertebración do país” e responsabiliza aos xestores de aplicar “políticas proteccionistas a base de subvencións” en lugar de levar a cabo a “ordenación do territorio e de modernización das explotacións e mellora da calidade de vida”.

Os 250.000 veciños comuneiros galegos, os 26.000 empregados e as 3.600 empresas vinculadas, supoñen -destacou o fiscal para pór de relevo a importancia dos montes en mancomún- o 5% do PIB. Na súa opinión, a posta en valor dos montes debe realizarse con criterios de sustentabilidade e “cun marcado carácter estratéxico”, especialmente nas zonas Rede Natura 2000, o proxecto “máis ambicioso de protección da natureza en Europa, unha rede ecolóxica para protexer hábitats e especies ameazadas”.

 

{xtypo_feed}El País 24-05-10{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies