O detido foi sorprendido cando prendía lume utilizando un acendedor, nun monte da parroquia de Cadarnoxo, en Boiro

Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela procederon á detención dun varón, como presunto autor de varios lumes nos concellos de Boiro e Lousame, na provincia de A Coruña.

O detido foi sorprendido “in fraganti” na noite do día 13 ao 14 de setembro, cando prendía lume utilizando un acendedor, nun monte da parroquia de Cadarnoxo (Boiro). Esta detención foi froito da colaboración cos Axentes Ambientais do Distrito IV Barbanza, tratándose dunha operación conxunta establecida durante os derradeiros meses, establecéndose un dispositivo de numerosas vixilancias realizadas tanto diurnas como nocturnas, ante a gran cantidade de lumes que se estaban a producir na zona.

Impútaselle tamén a posible autoría dun incendio ocorrido o pasado 8 de setembro, na parroquia de Tállara, concello de Lousame; e a Policía Autonómica continúa coas investigacións para o esclarecemento dos incendios rexistrados nesa zona.

Polos feitos instruíronse Dilixencias remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribeira. No que vai de ano a Policía Autonómica leva un total de 47 persoas detidas/investigadas como presuntas autoras de incendios forestais.

 

Fonte: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/51462/policia-autonomica-colaboracion-cos-axentes-ambientais-deten-fraganti-presunto

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies