A Xunta elimina o helicóptero da base do parque natural de O Xurés

Serra do Xurés

Ademais despide a 10 operarios que advirten do perigo para o espazo protexido

A base do parque natural Xurés-Geres, deixou de dispor onte co helicóptero co que contaba para a loita contra incendios forestais. Ademais, o número de brigadistas dispoñibles na zona reduciuse en dez. Traballadores afectados polo recorte advertiron de que a reestruturación da loita contra incendios podería representar un perigo potencial para esta zona protexida da Rede Natura.

O luns informouse do despedimento á quenda dese día e onte aos do outro.

Os operarios atribúen esta medida restritiva a un “axuste orzamentario da Xunta”, á vez que se queixan da “precariedade laboral” dos brigadistas, que lembran que no verán de 2010 arderon en Ourense un total 5.000 hectáreas de zonas de especial protección, como da Reserva da Biosfera e do Plan Natura 2000.

Tras a eliminación da brigada helitransportada na base do Xurés, os operarios advirten de que só quedan catro: Trives, Verín e Laza, en Ourense, e Santa Comba, na Coruña, o que dificulta a protección do parque natural.

Os operarios lembran que segundo medicións achegadas pola propia Consellería de Medio Rural, que dirixe Samuel Juárez, este ano xa arderon na Coruña 215 hectáreas, en Lugo 208, en Pontevedra 219, e en Ourense, onde se produciu o recorte, xa se viron afectadas 1.903 hectáreas.

 

{xtypo_feed}A Opinión{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies