A Xunta redefine as brigadas forestais para que traballen máis
Cambiará as libranzas de 1.500 empregados para mellorar a prevención
Medio Rural emprenderá en breve un camiño que fai presaxiar outro inminente conflito laboral: a reforma das condicións de traballo do servizo de prevención e defensa contra os incendios, que agrupa a uns 1.500 traballadores na comunidade. Convencida de que as brigadas deben gañar operatividade e tempo de traballo, sobre todo en época de prevención, a Xunta redactou unha proposta -agora un borrador- para reorganizar os grupos e modificar o seu sistema de libranza. Amparados agora polo convenio do persoal laboral de 2008, os “sete membros”??? de cada unha das 140 brigadas poden librar de forma individual, o que xera, segundo Medio Rural, problemas de dispoñibilidade dos grupos e mingua os seus niveis de operatividade para previr incendios nos meses previos á campaña de máximo risco.
O borrador de reforma, ao que tivo acceso este xornal, expón que cada brigada pase a estar formada por cinco brigadistas, en lugar de sete, e que as libranzas fáganse de forma conxunta en todo o grupo para que haxa máis orde e previsión dos medios dispoñibles. A Xunta está disposta a acometer estes cambios, tal e como consta nunha proposta que agora terá que negociar cos sindicatos e coa Dirección Xeral de Función Pública. Preguntada polo alcance do documento, Medio Rural declinou facer ningún tipo de valoración. Da formulación da reforma dedúcese que o marco que regula as condicións laborais das brigadas (o quinto convenio do persoal laboral) está máis pensado para funcionarios de mesa da Administración autonómica que para grupos que desenvolven o seu traballo no monte. Os cambios que pretende emprender Medio Rural arroxan luz sobre algunhas ineficiencias do modelo actual da organización para previr incendios. Por exemplo, como a repartición das libranzas consome a gran parte do tempo de traballo das xefaturas dos 19 distritos forestais aos que están adscritos as 140 brigadas.
Outro dos problemas aos que alude a Xunta no documento interno para mellorar a eficacia do modelo de prevención é a falta de comunicación interna nun servizo caracterizado por unha alta dispersión territorial no que traballan moitas persoas. “Debería existir unha maior disposición de escoita por parte dos responsables, establecendo canais adecuados para elo”, sostén o borrador de reforma.
Formación
A proposta tamén alerta sobre a necesidade de analizar a formación que teñen os brigadistas e o seu grao de adaptación a cada posto de traballo. E expón identificar cales son os desfasamentos existentes entre as aptitudes do persoal e os requirimentos esixidos en cada posto. Por último, a Xunta pon en cuestión tamén a organización dos recursos materiais por cada distrito e avoga por un seguimento de todos os traballos en materia de prevención. “En termos globais hai que contar cun centro de traballo por demarcación forestal, valorando a adecuación da localización xeográfica e a dotación dos recursos de que dispón; en resumo, é necesario manter un centro de control por demarcación, podendo prescindir dos restantes”, expón a Xunta.
Juárez intentará convencer ós sindicatos
O departamento que lidera Samuel Juárez tratará de convencer aos sindicatos e a Función Pública sobre a necesidade de acometer os cambios durante esta campaña e para iso, nas conclusións do borrador de reforma, xustifica as novas condicións laborais dos brigadistas sobre catro argumentos: a simplificación do proceso de planificación dos traballos; unha maior dispoñibilidade real das brigadas; maior operatividade dos grupos e maior eficacia e seguridade. Sobre este último aspecto, Medio Rural destaca que “a constancia no tempo do patrón de actividade, no que as mesmas persoas traballan e descansan os mesmos días, reforzará o sentimento de pertenza ao grupo”.
A Xunta sostén no documento que o simple feito de que todos os días dispoñibles de cada brigada estean as mesmas persoas redunda nun aumento da eficiencia dos traballos de prevención e aumenta a seguridade en estado de emerxencia nas actividades de extinción.
O novo modelo, segundo o departamento que lidera o conselleiro Samuel Juárez, asegura ademais a existencia dun comunicador válido coas tres figuras de interlocución das brigadas; o xefe de distrito, o técnico e o axente.
{xtypo_feed}El nuevo Alcázar{/xtypo_feed}