Abren expediente a unha empresa pola vertedura de Teis
Augas de Galicia incoou onte un expediente sancionador a Aucosa pola vertedura de fuel que afectou o litoral de Teis. Fíxoo tras detectar unha vertedura procedente da zona de caldeiras da empresa, dedicada á fabricación de produtos para alimentar animais de granxa. A empresa manifestou que descoñecía a fuga, que quedou emendada na noite do mércores. Tres praias de Vigo permanecían onte pechadas.
{xtypo_feed}Folla parroquial – Imaxe: Salvador Sas/Efe{/xtypo_feed}