AXENTES FORESTAIS E MEDIOAMBIENTAIS
ACLARACIÓNS
As centrais sindicais que asinamos este comunicado facémolo coa intención simple e clara de frear unha serie de falacias e falsas acusacións que se están vertendo na nosa contra e que ó noso entender dificultan e contaminan deliberadamente a axeitada consecución da negociación que nestes momentos nos ocupa coa Administración.
Para nos sería moi sinxelo defendernos poñendo nome a os intoxicadores e rebater unha a unha tódalas súas mentiras pero non o imos facer, xa que o único que conseguiríamos sería entrar nun xogo que ten coma fin separar aínda máis a este colectivo.
Como mantivemos en cada unha das asembleas nas que fostes convocados nin os representantes de CCOO , nin os representantes da UGT, asinarán ningún tipo de acordo coa Administración sen pasar por unha Asemblea Xeral que convocaremos ó efecto, para que nela participe activamente tódolos Axentes Forestais, chámense como se chamen ou estean ou non afiliados a estes sindicatos.
Non faremos o que outros que perdidos entre estrelas vermellas, rosas e gaivotas seguen sen decatarse do que nos estamos xogando, antepoñendo intereses ideolóxicos e persoais diante dos do propios do colectivo.
As cousas importantes terán que ser votadas por todo o colectivo.
Alejandro Rodriguez Pazos CCOO
Fco. Javier Sánchez Juiz CCOO
Mónica Ramos Gende UGT
Luis Espiñeira Lage UGT{jcomments off}