Informar que con data 31 de marzo de 2005 saíu publicado no DOG a Orde pola que se establece o réxime de prestación de servizos, e o día 1 de abril a Orde pola que se convocan probas selectivas para a promoción á escala de Axentes Facultativos Ambientais.
Asimesmo, o día 31 de marzo celebrouse reunión do máximo órgano de goberno: o Consello da Xunta, e nel aprobouse o seguinte Acordo:
Acordo polo que se incrementa o complemento específico correspondente a determinados postos da Consellería de Medio Ambiente.
O Consello da Xunta acordou hoxe (día 31 de marzo) este cambio nas retribucións, que responde a un acordo entre a Consellería e as organizacións sindicais.
TEXTO ÍNTEGRO
Medio Ambiente incrementa os complementos salariais dos Axentes Forestais: O Consello da Xunta reunido hoxe acordou incrementar en 360 euros mensuais o complemento específico correspondente ó nivel de determinados postos da Consellería de Medio Ambiente, desempeñados nos Distritos Ambientais por funcionarios pertencentes á escala de Axentes forestais. Este cambio nas retribucións dos traballadores será con efectos do 1 de xaneiro do ano actual e beneficiará ós 547 Axentes forestais que desempeñan o seu labor nos Distritos Ambientais.
Consellería de Medio Ambiente e as organizacións sindicais en relación coas condicións de traballo e carreira profesional deste persoal. Deste xeito, o departamento que dirixe Xosé Manuel Barreiro Fernández atende as peticións formuladas polos traballadores forestais, co obxectivo de mellorar as súas condicións laborais.