Acordo para a Función Pública 2010-2012

Un acordo que garante o mantemento do poder adquisitivo

As organizacións sindicais de CCOO, UGT e CSIF veñen de asinar co Goberno do Estado un Acordo para o período 2010-2012 no Foro do Diálogo Social para as Administracións Públicas.

Este Acordo contén medidas de carácter básico (de aplicación ó conxunto de Administracións Públicas) e que servirán de referencia positiva nas distintas CCCAA e Admóns. Locais, e outras  que serán de aplicación exclusiva na Admón. Xeral do Estado (AXE).

O Acordo contén máis de 50 medidas relativas a: incrementos salariais, ó emprego nas administracións públicas, ós servizos públicos e de desenvolvemento do Estatuto Básico do Empregado Público, modernización e mellora das administracións publicas, etc.

RETRIBUTIVAS: Incremento do 0,3 % para o ano 2010 (evitando a conxelación dos salarios dos empregados e empregadas públicos, que tantas voces pedían ante a situación económica que estamos a padecer), coa incorporación dunha cláusula de revisión salarial (reivindicación historica nas admóns. públicas) que garante o mantemento do poder adquisitivo durante a vixencia do Acordo.

**Mantéñense as aportacións o Plan de Pensións na AXE (0,3 – 0,5 e 0,7% respectivamente durante os tres anos de vixencia do Acordo).

DESENVOLVEMENTO DAS LEIS DE FUNCIÓN PÚBLICA, en cumprimento do establecido no EBEP, acordando os criterios xerais da carreira profesional, da avaliación do desempeño e da estructura retributiva, co obxecto de garantir unha mínima homoxeneidade que facilite a mobilidade entre as distintas administracións públicas.

**Negociarase unha nova Lei de Función Pública para a Administración do Estado.

APLICACIÓN DA XUBILACIÓN PARCIAL E ANTICIPADA. Aprobaranse as modificacións normativas necesarias para a aplicación efectiva deste dereito, independentemente do réxime de seguridade social do empregado/a público que se acolla a esta modalidade de xubilación.

GARANTÍAS DE EMPREGO: mediante a exclusión das limitacións de reposición de efectivos nos servizos esenciais para a cidadanía e a reducción da temporalidade ata o 8 %.

POTENCIACIÓN DA FORMACIÓN CONTINUA, vinculada á carreira e a promoción profesional.

CREACIÓN DUN OBSERVATORIO DE EMPREGO PÚBLICO, para, entre outras competencias, delimitar os servizos que teñen reservada a súa prestación polas AAPP.

Tamén se recollen neste acordo outras medidas en materia de Plans de Igualdade nas AAPP, adaptación da Lei de Prevención de Riscos Laborais ás AAPP, creación de mesas sectoriais, posta en marcha da administración electrónica e o teletraballo …….

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO considera que este Acordo:

GARANTIZA O PODER ADQUISITIVO E O EMPREGO
POTENCIA A CARREIRA PROFESIONAL
IMPULSA A MODERNIZACION DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
REFORZA O DEREITO A NEGOCIACIÓN COLECTIVA

{xtypo_feed}Accede ó texto integro do acordo na paxina  web da FSC-Galicia: www.fsc.ccoo.es{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies