Acordo sobre as condicións de traballo e carreira profesional do persoal da escala de Axentes forestáis (24 de xuño de 2004)

 

O día 24 de xuño de 2004, logo de rexeitar de xeito explícito a proposta da Administración, unha vez iniciadas as medidas de presión, foi convocada unha nova xuntanza da Mesa de Negociación. Nela, e logo dun debate de case catro horas, a Administración accedeu ó groso da última proposta da Plataforma Sindical, polo que, considerando que o acordo era beneficioso para o conxunto do colectivo, e os avances importantes, asinouse o seguinte acordo entre os Sindicatos CC.OO., CIG, CSI-CSIF e UGT, que conforma a Plataforma Sindical, e a Consellería de Medio Ambiente.

 

 

Resumindo os avances, de xeito definitivo habilítase o acceso ó grupo “C” (a nivel económico suporía actualmente un incremento bruto duns 121 euros no soldo, máis 8 euros no trienio) . Constatar que antes de que remate o presente ano 2004, e antes tamén de que se convoque o primerio concurso-oposición (non existe outra forma legal de acceso ó grupo “C”, dadas as características da nosa titulación en xeral), convocarase o tan esperado “concurso de traslados”.

 

 

A integración efectiva nos Distritos Ambientais do personal de Conservación levarase a cabo antes de que remate o ano en curso.

 

 

Os cadrantes horarios quedarán fixados antes de que remate o ano para todo o ano seguinte. No periodo ordinario (8 meses) a duración da quenda será de 7 horas.

 

 

O número de fins de semana a realizar no periodo ordinario será de 2 fins de semana cada 8 semanas, e as quendas nocturnas agrupanse por semanas (cada Axente realizará unha semana nocturna cada 6 semanas).

 

 

Elimináronse as preocupantes “necesidades de servizo” no apartado de vacacións, e se lle engaden 10 días compensatorios fora do período extraordinario.

 

 

Acadouse un incremento real no complemento específico de 360 euros, e ademáis un complemento de productividade de 240 euros nos catro meses de periodo extraordinario, cantidade que se incrementará segundo o IPC.

 

1. INTEGRACIÓN NA ESCALA DE AXENTES FACULTATIVOS MEDIOAMBIENTAIS

A efectos da integración na Escala de Axentes Facultativos Medioambientais do persoal da Escala de Axentes Forestais, compre promulgar o correspondente Decreto de integración, o Decreto no que se estableza o regulamento da nova escala, a convocatoria do correspondente proceso selectivo e a celebración deste; de seguido a Consellería procederá a modificar a súa relación de postos de traballo, a efectos da efectividade da integración do persoal que supere o devandito proceso selectivo, garantizando en todo caso o destino definitivo que teñan os funcionarios no momento no que se integren. Paralelamente, e a efectos de permitir a integración de persoal de novo ingreso na escala, promoverase a modificacin, polo trámite de urxencia, da disposición transitoria da Lei 2/2000, co que poderá, dito persoal, que non estaba a prestar servicios como persoal funcionario no momento de entrada en vigor desta, integrarse na escala, fixándose a ese efecto un prazo de tres anos para que se leve a cabo o proceso de integración. Asumíndose pola Consellería o compromiso de convocar no ano 2004 o primeiro concurso oposición, así como promover o Decreto de integración e o Decreto de Regulamento da nova escala. O Anteproxecto de Lei e as fases da convocatoria serán sometidas, antes da súa tramitación, á consideración da Comisión de Seguimento do presente acordo.

 

2. ORGANIZACIÓN DO PERSOAL DA ESCALA

 

 

A efectos de conseguir unha mellor organización do persoal da escala, a Consellería promoverá as oportunas modificacións na sua relación de postos de traballo coa finalidade de integrar a este persoal nun único colectivo, eliminando as actuais distincións entre persoal adscrito ós Distritos Forestais e ós de Conservación da Natureza, todo elo sen prexuízo da necesidade da existencia de persoal cunha certa especialización, para o que se establecerán os requisitos e condicións necesarias. Este proceso levarase a cabo no ano 2004.

 

3. RÉXIME DE PRESTACIÓN DE SERVIZOS E CUADRANTES DE SERVIZOS

Divídese o ano natural en dous períodos, un ordinario e outro extraordinario, con dous cadrantes de servizos, un por cada período, que deben quedar establecidos no último trimestre do ano anterior. No caso do período extraordinario elaborarase igualmente para todo o ano, activándose cando sexa necesario, conforme ó disposto no apartado 3.1 do presente Acordo.

 

 

Xúntanse cadros tipo para cada un dos períodos como anexo ó presente documento.

 

3.1. Período extraordinario

 

 

Establécese con carácter xeral como período extraordinario os meses de xullo, agosto e setembro que corresponden á época de perigo alto, máis 30 días sen determinar. A utilización deste período de 30 días será decidido pola Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, a proposta da Delegación Provincial correspondente, podendo fraccionarse como máximo nun período de 15 días e dous períodos de oito e sete días con aviso previo de dous días para cada un dos períodos. Estes 30 días realizaranse tódolos anos.

 

 

En cada Distrito estableceranse gardas de Axentes Forestais, necesarios para atender a vixilancia, prevención e extinción de incendios forestais e calquera outra continxencia que se produza, reflectidas no correspondente cadrante anual.

 

 

A duración da garda será de 12 horas continuadas de presencia física.

 

 

Servizos máximos:

 

  • As gardas en fin de semana relaizaranse en fins de semana alternos.
  • 16 gardas ó mes.

 

 

 

 

3.2. Período ordinario

 

 

Comprende todo o ano agás o período extraordinario e o mes de vacacións.

 

 

Neste período realizaranse quendas de luns a venres e gardas de fin de semana conforme a cadrantes para 6 semanas e 6 Axentes nos que se incluirá diariamente unha quenda de tarde-noite.

 

 

No caso de festivo estableceranse gardas igual que no caso do fin de semana. A ese efecto terán a consideración de festivos os días 24 e 31 de decembro.

 

 

Servizos máximos:

 

  • 4 gardas en fins de semana completos cada oito semanas en computo anual, e nunca en dous fins de semana consecutivos.
  • 5 quendas de tarde-noite cada 6 semanas, estas quendas de tarde-noite realizaranse todas dentro dunha mesma semana.

 

Quendas en días laborais:

 

 

A duración da quenda será de 7 horas durante toda a duración do período ordinario. Esta xornada ou quenda se se realiza pola mañá, terá que rematar antes das 15:00 horas e, se se realiza pola tarde non poderá iniciarse antes das 14:00 horas. No caso de quendas de noite o seu inicio non poderá ter lugar antes das 21:00 horas, nin máis tarde das 24 horas e rematará non máis tarde das 7 horas. O cómputo da xornada comezará a contarse coa presencia do Axente Forestal no lugar de referencia establecido. Cando por necesidade da continuidade do servizo que se estea prestando sexa preciso seguir ata rematalo, prolongarase a xomada de traballo o tempo necesario ata un máximo de catro horas, o número máximo de horas acumuladas non poderá exceder de 8 ó mes. No caso de prolongación de xornada por cada hora prolongada respecto á xornada fixada diminuirase en 1,50 horas, se se realiza en horario diurno ou en 2 horas se se realiza en horario nocturno, a dura
ción doutra ou doutras xornadas ordinarias no mesmo trimestre, tendo en conta a petición do interesado e as necesidades do servizo.

 

 

Gardas:

 

 

As gardas de fin de semana e festivos serán de 12 horas continuas de presencia física.

 

 

3.3. Festivos

 

 

As gardas a realizar en festivo non superarán cinco ó ano.

 

3.4. Horarios

 

 

O persoal da escala realizará o seu traballo entre as 00 e as 24 horas, en función dos horarios que se fixen, nos que se determinarán os efectivos necesarios para atender os servizos en sábados, domingos e festivos. O mencionado persoal disfrutará dun descanso semanal mínimo de 48 horas consecutivas, agás que por cambio de cuadrantes as necesidades de rotación do persoal non o permitan, neste suposto compensarase nos descansos semanais seguintes.

 

 

Os cadros de servizos fixando quendas e gardas, serán confeccionados con carácter anual e postos en coñecemento do persoal afectado, axustándose periodicamente pola Administración os horarios das quendas, conforme ás necesidades dos servizos, cunha antelación mínima de 4 días hábiles.

 

 

Na fixación dos horarios no período ordinario terase en conta o cómputo anual establecido no artigo 15 do Regulamento da Escala, sen prexuizo do establecido neste acordo en relación coa prolongación de xornada.

 

 

No caso de que o horario da realización de gardas comprenda integramente os períodos entre as 13 e as 15 horas e/ou as 21 e 23 horas, o persoal disporá de unha hora en cada período para comer ou cear, sempre e cando a xornada de traballo se inicie alomenos unha hora antes ou remate unha hora despóis dos periodos reseñados i elo non conleve a desatención do servizo. A tal fin estableceranse as quendas que procedan.

 

4. VACACIÓNS, LICENZAS E PERMISOS

4.1. Vacacións

 

 

O persoal da escala poderá disfrutar de 15 días naturais consecutivos de vacacións, no período comprendido entre o 16 de xuño e o 30 de setembro, iniciándose o disfrute os días 1 e 16 dos meses incluidos no período, distribuíndose entre os efectivos de maneira que se garanta a cobertura dos servizos de xeito rotacional.

 

 

As restantes vacacións disfrutaranse fóra dos meses antes reseñados, de acordo co previsto nos cuadrantes.

 

 

4.2. Descanso adicional

 

 

O persoal da escala disfrutará dun descanso adicional de dez días naturais e consecutivo, fóra do período extraordinario, como compensación pola súa adaptación ós cuadrantes de horarios que se establezan. Este descanso disfrutarase de forma continuada a petición dos interesados e a súa concesión quedará supeditada á planificación do Distrito, sendo acumulable ás vacacións a disfrutar fóra da época de alto risco conforme ós cuadrantes establecidos.

 

5. COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS

A partir do 1 de xaneiro de 2005, o persoal da escala percibirá as seguintes retribucións complementarias:

 

  • 360 euros mensuais com
    o incremento do complemento específico correspondente ó nivel de complemento de destino do posto ocupado, a percibir en doce mensualidades.
  • 240 euros mensuais, en concepto de complemento de productividade, a percibir durante catro meses o ano pola prestación efectiva de servizos no período extraordinario, repartíndose proporcionalmente en función da prestación de servizos neste período.

 

As referidas cuantías experimentarán os incrementos establecidos na Lei de Presupostos para as retribucións dos funcionarios da Xunta de Galicia a partir do exercicio de 2006.

 

6. PERÍODO TRANSITORIO

Mentres non se leven a cabo as modificacións previstas en relación coa organización dos Distritos, a Consellería poderá asignar, temporalmente sen cambio de residencia, Axentes Forestais dos Distritos de Conservación da Natureza ós Distritos Forestais, en número suficiente para garantir as necesidades destes últimos e viceversa.

 

7. FORMACIÓN

A Consellería de Medio Ambiente organizará anualmente cursos de formación e perfeccionamento sobre aspectos relacionados coa actividade profesional do persoal da escala.

 

8. SAÚDE LABORAL

Dentro do marco establecido no acordo sobre dereitos de participación do persoal ó servizo da Administración da Xunta de Galicia do 29 de setembro de 1997, publicado por resolución da Dirección Xeral de Relacións Laborais do 16 de xaneiro de 1998. (D.O.G. nº. 28-01-98), a Consellería de Medio Ambiente asume que pola Comisión de Seguimento do presente acordo se estudien os riscos inherentes ó desempeño dos postos de traballo e as actuacións a desenvolver nas situacións de emerxencia ou de risco grave e inminente, ás que como consecuencia das súas funcións, poida verse sometido o persoal da escala, promovendo, de se-lo caso, as actuacións preventivas e formativas especificas que permitan a mais eficaz aplicación da normativa de prevención de riscos a efectos da mellora das condicións de traballo e de elevar o nivel de proteción da seguridade do colectivo.

 

9. IMPLANTACIÓN DO ACORDO

Primeiro.- As partes asinantes acordan que a efectos de dar cumplimento ó presente acordo, a Consellería de Medio Ambiente promoverá a modificación da Lei 2/2000, os decretos que correspondan e promulgará as ordes necesarias para o seu desenvolvemento.

 

 

Segundo.- Constituirase unha comisión de seguimento do acordado, integrada por un máximo de dous representantes de cada un dos sindicatos presentes na mesa de negociación e polos representantes da Secretaria Xeral, Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais e Dirección Xeral de Conservación da Natureza que a Secretaría Xeral designe.

 

 

Terceiro.- O presente acordo é vinculante para as partes asinantes.

 

10. VIXENCIA DO ACORDO

O presente acordo terá unha vixencia de tres anos e entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2005, agás no relativo ó seu punto 1º, que entrará en vigor a partir da data da súa sinatura.

 

Asinado en Santiago de Compostela o 24 de xuño de 2004 pola Plataforma Sindical e polos representantes da Administración (Secretario Xeral, Director Xeral de Montes e Industrias Forestais, Subdirectora Xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa, Xefe de Servizo de Organización e Control de Medios e o Xefe do Servizo de Persoal e Coordinación). {jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies