ACTA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO CELEBRADA O 23.05.2006 PREVISTA NO ACORDO SOBRE CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DA ESCALA DE AXENTES FORESTAIS

 

 

ACOMPÁÑASE O TEXTO ÍNTEGRO DA ACTA DO DÍA 23 DE MAIO

 

 

 

ACTA DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO CELEBRADA O 23.05.2006 PREVISTA NO ACORDO SOBRE CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DA ESCALA DE AXENTES FORESTAIS

 

 

 

ASISTENTES:

 

 

 

En representación da Administración:

 

 

D. Alberte Souto Souto, Secretario Xeral da Consellaría do Medio Rural

 

 

D. José Rodríguez González, Director Xeral da Función Pública

 

 

Dª. Lourdes Batán Aira, Subdirectora Xeral de Persoal e Coordinación Administrativa da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

 

 

D. Emilio Rosa Solano, Subdirector Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible

 

 

D. José Antonio Fraga Calza, Subdirector Xeral de Xestión, Programación e Ordenación de Persoal da Dirección Xeral de Función Pública

 

 

 

En representación das Centrais Sindicais:

 

 

D. Antonio Pimentel González (UGT Galicia)

 

 

D. Manuel Gómez Trabada (UGT Galicia)

 

 

D. Alejandro Rodríguez Pazos (CC.OO. Galicia)

 

 

D. Francisco Javier Sánchez Juíz (CC.OO Galicia)

 

 

D. Manuel Rodríguez Pombo (CIG)

 

 

D. Aquilino Valencia Salgado (CSI-CSIF)

 

 

D. José Vázquez Rodríguez (CSI-CSIF)

 

 

 

En Santiago de Compostela, sendo as 11:30 horas do día 23 de maio do 2006 celébrase unha nova reunión da Comisión de Seguimento indicada no encabezamento desta acta, á que asisten as persoas relacionadas anteriormente.

 

 

 

Inicia a sesión o Secretario Xeral da Consellaría do Medio Rural lembrando as conclusións acordadas na xuntanza anterior da Comisión de Seguimento celebrada o día 11 de maio do 2006, en particular as dúas primeiras que se refiren á axilización do proceso selectivo para a promoción do persoal da escala Axentes Fore
stais do Grupo D ou Grupo C, e á modificación da Lei 2/2000.

 

 

 

Deseguido iníciase un debate entre os representantes da Administración e da representación sindical, sobre un calendario para realizar os trámites do proceso selectivo convocado en xullo de 2005 para o ingreso na Escala de Axentes Facultativos Medioambientais da Xunta de Galiza.

 

 

 

Como conclusión, por parte da Administración asúmese o compromiso de proceder á designación, nomeamento e constitución formal do Tribunal na primeira quincena de setembro. A designación e nomeamento realizarase o 1 de setembro, e a constitución do tribunal nos dez días seguintes. Dese xeito, as probas teóricas desenvolveranse dentro dun prazo máximo de cuarenta días hábiles (entre o 1 e o 8 de outubro a proba tipo test) e de seguido o segundo exame que consiste na proba de galego para que non teña o curso preceptivo en data 28 de outubro. En suma, a máis tardar o día 28 de outubro estará rematado na súa totalidade a fase de realización de probas, e arredor do 10 de novembro publicarase a lista de aprobados provisionais, para poder presentar as reclamacións que se consideren oportunas. A continuación iniciarase a fase de concurso, coa conseguinte presentación de solicitudes e documentación, de xeito que aproximadamente o 4 de decembro se publicaría a resolución desta fase, ficando unicaente un período de reclamacións, de forma que a finais de decembro de 2006 estea rematada a totalidade do proceso, e o persoal que supere o proceso selectivo tome posesión como funcionarios do Grupo C nas respectivas consellarías a comezos de xaneiro do 2007.

 

 

 

Respecto da modificación da Lei 2/2000, logo de debate entre os representantes da Administracin e dos representantes sindicais, a Administración asume o compromiso de retomar a proposta de modificación da Disposición Transitoria única da devandita lei nos termos do dictame da Comisión 1º do Parlamento de Galiza de data 28 de abril de 2005, que fora aprobado por consenso entre todos os grupos parlamentarios. Tendo en conta o itinerario que debe seguir a tramitación da devandita iniciativa, tanto a nivel do Goberno como posteriormente en sede parlamentaria, maniféstase a posibilidade de que poida estar aprobada ó final de 2006, pero condicionado ó calendario que os propios grupos parlamentarios podan acordar.

 

 

 

Así mesmo, por parte da Administración considerarase prioritaria a convocatoria ó longo do ano 2007 dun segundo proceso selectivo de acceso ao Grupo C da Escala Facultativos Medioambientais.

 

 

 

Por parte dos representantes sindicais maniféstase que na anterior xuntanza da Comisión de Seguimento se comentara como conclusión a conveniencia de pactar un calendario de reunións da comisión. Por parte da Administración, si ben non se ve inconveniente á proposta tal e como se manifestara na xuntanza do día 11 de maio enganden que non están en disposición de acordar un calendario, dado que sería necesario consultar a dispoñibilidade concreta dos representantes da Administración, en función das distintas ocupacións e a súa prioridade, asó como a inminencia do período de alto risco de incendios forestais no que se esixe unha atención prioritaria a este cometido.

 

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 13:30 horas.{jcomments off}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies