ACTIVIDADES REALIZADAS POLA NOVA XUNTA DIRECTIVA

REUNIÓN COA FISCALÍA DE MEDIO AMBIENTE.

REUNIÓN COS DELEGADOS DAS CENTRAIS SINDICAIS.

PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS ORGANIZADAS POLA EMPRESA DE FABRICACIÓN DE UNIFORMIDADE TÉCNICA PARTENOL SL., www.partenon.net

REUNIÓN COA FISCALÍA DE MEDIO AMBIENTE.

 

O día 6 de maio o presidente de Aprafoga foi convidado a unha reunión en Coruña co Fiscal Coordinador de Medio Ambiente de Galicia. Nesta reunión fíxose un repaso da situación actual do colectivo en Galicia e a nivel do Estado, e comentáronse as conclusións acadadas no último congreso estatal de Axentes Forestais que se celebrou no mes de abril en Toledo. O Fiscal coordinador insistiu na necesidade de que o colectivo acade unha estructura acorde co seu estatus xurídico para o cumprimento das funcións que ten encomendadas.

REUNIÓN COS DELEGADOS DAS CENTRAIS SINDICAIS.

O día 24 de maio, representantes de Aprafoga reuníronse en Santiago cos representantes de tódalas centrais sindicais (CSIF, UGT, CIG e CC.OO) para a presentación da actual xunta directiva da Asociación e as súas liñas de traballo. Os representantes da asociación manifestaronlle aos representantes sindicais que a Asociación non sería unha sucursal de un sindicato ou de un grupo político concreto, senon que procuraría ter unha boa relación con tódalas centrais e evitaría calquera ruptura de comunicación con independencia das diverxencias que poidan producirse. De igual xeito a Asociación procurará manter a comunicación cos responssbles da Administración, coa seguinte salvedade, a Asociación nunca chegará a acordos coa Administración sin que esta dialogue coas centrais sindicais. En definitiva, en correspondencia cos fins da asociación, estrictamente relacionados coa defensa e promoción do noso colectivo, a relación da asociación coas centrais sindicais é complementaria e non excluínte. A Asociación non pode suplir o papel dos sindicatos, de ahí que dende a Asociación tamén se defenda a afiliación sindical; pero a Asociación si pode complementar ese papel respecto do colectivo que representa, e mesmo defender determinados intereses do colectivo en aspectos difíciles de acometer desde un sindicato: conflictos de competencia con outros colectivos (por exemplo co tema dos vixiantes de recursos); conversas cos diferentes grupos políticos e asociacións desde un punto de vista profesional e independente; a federación coa Asociación Estatal e Internacional; relacións coa Fiscalía e outras institucións; dispor de asesoría xurídica propia para os Axentes Forestais; servizos a través da Web; etc. Os representantes de tódalas centrais sindicais  mostráronse de acordo cos plantexamentos dos representantes da Asociación e que iban a contar con esta organización, no marco establecido, para traballar a prol do colectivo.Con tal motivo citáronse todos para o vindeiro día 11 de xuño para empezar a traballar na proposta de regulamento para o Grupo C1, sendo o texto de partida o colgado na páxina web da Asociación.A Asociación seguirá publicitando a través da web tódalas achegas  que fagan as centrais sindicais dirixidas ao noso colectivo.

PARTICIPACIÓN NAS XORNADAS ORGANIZADAS POLA EMPRESA DE FABRICACIÓN DE UNIFORMIDADE TÉCNICA PARTENON SL.

Membros da Asociación, xunto con outros compañeiros de Galicia e outras Comunidades Autónomas, entre eles tamén membros da Xunta directiva da Asociación Estatal, participaron O 27 e 28 de maio, nas xornadas que a empresa Partenón, con sé en Redondela, organizou para deseño da uniformidade dos Axentes Forestais. En consonancia coas conclusións acadadas no congreso de Toledo, trátase de propoñer as diferentes Administarcións, unha uniformidade que,respetando os sinais de identidade de cada territorio, nos poida identificar perante calquera cidadán en todo o territorio do Estado. As xornadas foron moi fructíferas e, unha vez elixido un modelo tipo, a empresa vai confeccionar uns exemplares de uniformes que serán probados e testados por un grupo de compañeiros.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies