Alegacións da CIG ó borrador do proceso de promoción ó Grupo C

 

En canto á convocatoria, no seu conxunto,  pedimos que se pareza o máis posible á anterior convocatoria.
 
Que nos requisitos para poder acceder ao grupo C e por tratarse dun proceso de integración, sexa contemplado ademais de ciclos superiores e 5 anos máis curso de habilitación a posibilidade de presentarse co título de bacharelato e e curso de habilitación.
 
Facer de maneira que ninguén que pase para o Grupo C non cambie de posto.

Eliminar na convocatória o desconto de preguntas bem contestadas póla mal contestadas (como así foi na anterior convocatória)

En canto as alegacións ao temário son as seguintes:

  • Solicitamos a eliminación da parte común
O temario para dito proceso quedaría do seguinte xeito:
 
Técnicas de seguridade: técnicas de prevención. Inspeccións de seguridade. Investigación de accidentes. Avaliación de riscos. Normas de seguridade. Sinalizacións de seguridade: tipos, cores e formas xeométricas. A protección colectiva. A protección individual. Medidas de protección parcial e integral.

  • A vixilancia de saúde e primeiros auxilios. A xestión da prevención. Recoñecementos médicos. Hemorraxias. Queimaduras. Reanimación cardiopulmonar. Feridas. Amputacións.
  • Lei 42/2007, de 13 de decembro, do  Patrimonio Natural e da Biodiversidade. Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia
  • A xestión dos espazos naturais protexidos, figuras, protección, declaración, efectos, e instrumentos de planificación dos recursos naturais e órganos de xestión.
  • Os compromisos internacionais de conservación da natureza: A Rede Natura 2000, zonas de especial protección para as aves, convenio Ramsar. Aplicación en Galicia.
  • As axudas ao desenvolvemento rural. Medidas de desenvolvemento do medio rural e medidas de acompañamento. Impacto en Galicia. O Regulamento (CE) 1698/2005. Obxectivos, eixes e medidas.
  • Aspectos básicos da normativa do solo, do litoral, das costas e do dominio hidráulico. Os usos do solo e a propiedade da terra en Galicia. Características e problemática. A Lei 7/2007, do 21 de maio, de medidas administrativas para a conservación da superficie agraria útil e do Banco de Terras de Galicia. 
  • Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes. Estrutura e contido. Disposicións adicionais relativas á conservación da natureza e montes.
  • Consorcios e convenios. Concepto e características de ambas as figuras. Dereitos e obrigas de ambas as partes. Fiscalidade dos montes veciñais e dos particulares. Axudas  para o fomento do sector forestal.
  • Parámetros dasométricos máis usuais. Cubicación de árbores en pé e apeados. Noción de inventario forestal e tipos. Os principais aparellos de medida.
  • Ecoloxía e características forestais das quercineas e das frondosas non-quercineas en Galicia. Distribución e importancia económica das mesmas.
  • Ecoloxía e características forestais das coníferas en Galicia. Distribución e importancia económica das mesmas.
  • Elección de especies e os seus condicionantes. Elección de especies segundo as liñas que indica o Plan Forestal de Galicia. Preparación do terreo e plantación. Labores de mantemento.
  • Tratamentos silvícolas: rozas, clareos e claras. Tipos de claras, peso e intensidade delas. Selección de abrochos e podas. Maquinaria e ferramentas para estes traballos. Principais tipos e aplicación. Mantemento.
  • Enfermidades e pragas das principais especies arbóreas. Ciclos biolóxicos. Medidas para combatelas.
  • Viveiros forestais. Sistemas e estrutura. Produción, conservación e transporte de planta. Substratos e colectores. Normativas de calidade xenética e calidade exterior.
  • Ordenación de montes. Principios xerais. División do monte. Quenda. Posibilidade. Breve descrición dos métodos de ordenación.
  • Explotación forestal. Aproveitamentos forestais en Galicia: problemática e características. A industria forestal. O sector do aserrío. O sector dos taboleiros. O sector da pasta de papel.
  • Os incendios forestais. As súas clases, causas e factores que inflúen na súa propagación. O Decreto 105/2006, do 22 de xuño. A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Unidades de xestión Forestal. Decreto 101/2008, do 30 de abril, que as regula.
  • Os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia.
  • Análise e comportamento do incendio forestal: combustible, dispoñibilidade, características e modelos de combustible. Meteoroloxía e incendios forestais. O clima e a súa influencia nos incendios. Circulación da atmosfera, fenómenos locais, inversión térmica. Topografía. Sistemas de predición do comportamento do incendio.
  • Análise da situación e organización do combate dun incendio: estados incendio. Organización previa ao combate. Análise da situación. Mobilización de recursos, ataque inicial, ataque ampliado. Grandes incendios e incendios perigosos. Desmobilización e as súas regras.
  • Dirección de operacións con motobomba. Deseño e características do vehículo motobomba. Liñas de defensa no incendio forestal: características delas segundo a tipoloxía do incendio, climatoloxía, estación do ano, e medios empregados na estimación. Maquinaria pesada: tipos de maquinas, características e equipamentos. Rendemento e limitacións. Métodos de traballo. Normas de seguridade.
  • Queimas controladas: planificación e obxectivos. Organización, prescrición e elementos fundamentais. Técnicas e estratexia. Condicións favorables e adversas. Aplicación segundo a topografía, metereoloxía, temperatura e humidade.
  • Operacións con medios aéreos, dirección deles: tipos de aeronaves.       Características, rendementos e limitacións. Normas xerais de petición de medios aéreos. Metodoloxía nas operacións de estimación. Desmobilización. Seguridade nas operacións aéreas.
  • Planificación da seguridade nun incendio forestal: selección do persoal, idade, experiencia, recoñecemento médico. Adestramento. Manexo de grupos, formación e coordinación. Organización do xefe respecto da seguridade. Normas de seguridade no combate do incendio. Seguridade en operacións aéreas, transporte de distintos medios, aplicación de auga e maquinaria pesada.
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies