Alegacións da CIG “Oficial dos Recursos Naturais”

 
Alegacións da Confederación Intersindical Galega ao texto presentado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible:  Reclasificación dos postos de celador de segunda/vixiante dos recursos naturais, pertencente ao grupo V, categoría 9, pasando ao grupo IV, Oficial dos Recursos Naturais.
 
Reclasificación dos postos de celador de segunda/vixiante dos recursos naturais, pertencente ao grupo V, categoría 9, pasando ao grupo IV do convenio colectivo único co seguinte contido:
 
Denominación da Categoría: Oficial dos Recursos Naturais
Definición: Onde di , “….baixo a dependencia do persoal que determine a Consellería competente en materias de conservación…..” ten que vir determinado o persoal no texto. Propomos que o persoal sexan as escalas de axentes forestais /facultativos medioambientais, cambiando asi a redacción do texto: “….baixo a dependencia dos axentes forestais e medioambientais responsables desa área e adscritos a consellería competente en materia de conservación…”

 
Funcións:
En distritos/concas fluviais.  Hai que definir si este persoal vai a sair nas RPT por cuncas ou por Distrito, e no caso de/dos que saia na RPT por cuncas, ¿van a realizar tarefas relacionadas coa actividade cinexética?. Si eso é asi non ten sentido a sua anterior distribución territorial por cuncas fluviais.
No primeiro parágrafo, onde di “…..sen perxuício de actuacións noutros ámbitos por razóns excepcionais…”. Debense definir cales poden ser esas razóns excepcionais.
No mesmo paragrafo onde di “….baixo a dependencia do persoal das escalas de Axentes forestais/ Axentes Facultativos Medioambientas que determine a consellería…” Debese eliminar que determine e substituir por: “que traballan nesa area territorial”
 
  • En informar e asesorar a Administración e os cidadáns…Este persoal non se lle esixiu cualificación tecnica de acceso para realizar estas funcións polo que propomos a eliminación ou cambio do texto neste senso. “Informar ao responsable das incidencias e asuntos relacionados cos aproveitamentos piscícolas en augas continentais e cos cinexéticos”
  • Eliminar o punto que dice “Vixilancia dos ecosistemas”. Debese retirar o punto para evitar confusión, xa que este persoal non ten recollido a condición de axente de autoridade por lei ou regulamento e aismesmo carece da presunción de veracidade por non ser persoal funcionario. Deste xeito non ten sentido realizar tarefas de vixilancia nos ecosistemas si o teu traballo se ve limitado ao non poder actuar con plenas condicións na denuncia de infraccións.  Na consellería de medio ambiente e desenvolvemento sostible hai  duas escalas de funcionarios que teñen recollidas tales funcións polo que non ten sentido e é contrario o dereito que se cree unha categoría de persoal laboral duplicando funcións.
  • No punto “vixilancia, custodia e mantemento das infraestructuras…”Eliminarase o termo Vixilancia xa que a vixilancia das infraestructura é competencia da garda de seguridade e dos corpos e forzas de seguridade ser perxuízo da que podan exercer os axentes forestais e medioambientais.
  • En “Aquelas outras que por razons de servizo se lle encomenden”, hai que definir tanto as razóns de servizo como as funcións. Propomos elimina-lo xa que a redacción deste punto  abre a porta a todo tipo de funcións.
2.-En espazos naturais protexidos.
Debe definirse a dependencia, enton propomos a seguinte redacción”Baixo a dependencia do Axente forestal/facultativo medioambiental responsable do espazo…”
 
  • Igualmente no segundo, quinto e octavo punto volverá a definir ao responsable como: axente forestal/facultativo medioambiental responsable do espazo…”
  • En “Aquelas outras que por razons de servizo se lle encomenden”, hai que definir tanto as razóns de servizo como as funcións. Propomos elimina-lo xa que a redacción deste punto  abre  a porta a todo tipo de funcións.
 
3.Na reserva de Caza dos Ancares
Onde di “Baixo a dependencia do responsable da reserva, poderan exercer as seguintes funcións:” Ten que dicir: Baixo a dependencia do/a axente forestal/facultativo medioambiental da reserva…”

  • ”Informe e comunicación ó Director da Reserva” aqui debe dicir “Informe e comunicación ó Axente Forestal/axente facultativo medioambiental responsable”.
  • En “Aquelas outras que por razons de servizo se lle encomenden”, hai que definir tanto as razóns de servizo como as funcións. Propomos elimina-lo xa que a redacción deste punto  abre  a porta a todo tipo de funcións.
Propomos a redacción de dous novos punto para os tres apartados:

  • Efectuar labores de mantemento e conservación nos espazos xestionados pola consellería de medio ambiente (refuxios de fauna, enp, reserva de caza) así como nas concas fluviais.
  • Control de especies de fauna e flora invasoras realizando as actuacións previstas no plan que determinen os responsables da Consellería de Medio Ambiente Desnvolvemento Sostible.
 
 
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2008
 
Confederación Intersindical Galega{jcomments off}
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies