Alegacións de CC.OO. ó borrador da convocatoria do proceso de promoción ó Grupo C

 

1º Punto
Entendemos que a orde que convoca o proceso, ten que ser de integración nunca de promoción.

I.2.2.
Titulación: Engadir un terceiro apartado no que se recolla a posibilidade de acceso a aqueles que estean en posesión dunha titulación xenérica máis o curso habilitante.

 
I.2.3.
Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións e non debería ser excluinte, por que do que se trata e de consolidar unha escala, de
promocionar. Que pasa cun axente forestal que leve 20 anos de servicio, e que nos últimos meses tivera a mala sorte de sufrir algo que o inhabilite para a escala de axentes facultativos, se a realidade é que tamén o estaría para a de axentes forestais, polo tanto deberíanselle recoñecer os mesmos dereitos.

I.3.

Polo feito de ser funcionarios da mesma Adminstración, e ser este un proceso de integración, deberíase estar exentos do aboamento de taxas.

II.1.1.

Onde pon que se terá en conta que por cada tres respostas incorrectas se descontara una correcta, entendemos que ten que seguir a mesma convocatoria anterior, este apartado non se tiña en conta, solo eran validas as respostas acertadas non existindo ningún tipo de penalización polos fallos.

II.2.Fase de concurso:
Entendemos que non pode existir concurso de traslados, polo tanto cada axente seguirá na mesma praza que esta ocupando actualmente. Desestimando a fase de valoración de méritos.

II.3.
ELIMINAR. Non existe ningún número de prazas ofertadas polo que esta base non ten sentido.

III.16.
ELIMINAR. Igual que no caso anterior.

IV.2. Certificado médico:
Entendemos que carece de sentido pedir certificado médico, cando todos pasaron a súa oposición e son xa funcionarios de carreira.

IV.4.
ELIMINAR. Substituír pola redacción recollida na base IV.3 da anterior convocatoria. Non se trata dun concurso de traslados nin se opta a ningunha praza en concreto polo que esta base non ten sentido

IV.5.
ELIMINAR Substituír pola redacción recollida na base IV.4 da anterior convocatoria. Igual que no caso anterior.

ANEXO I. TEMAS:
ELIMINACIÓN DOS TEMAS XERAIS Entendemos que tanto o punto 1 coma o 2 son temas que todos os axentes superaron na oposición que lle deu a condición de funcionario de carreira.
No caso de non ser aceptada a anterior proposta de eliminación débese modificar o tema 2 eliminando o apartado “A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (pois xa non existe como tal), e substituílo por “A Consellería de Medio Rural” nos apartados que afecten á escala.

Tema 19: ELIMINAR, por non ser competencias da escala.

Tema 20: ELIMINAR, por non ser competencias da escala.

Tema 23: ELIMINAR “A fiscalidade dos montes veciñais e dos particulares.” por entender que istas non son competencias da escala

 
 
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2009
 
 
DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA – CONSELLERÍA DE FACENDA
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies