Alegacións ó anteproxecto da Lei de Montes de Galicia

 

Logo de haber pasado polo filtro do asesor xurídico da Asociación, as alegacións, na súa primeira fase, quedaron do seguinte xeito:

 

Artigo 4.- Definicións.

Ós efectos desta Lei, defínense os seguintes termos:

Axente Medioambiental: Funcionario e axente da autoridade que pertence á Administración Autonómica e que, de acordo coa normativa, ten encomendadas, entre outras funcións, as de policía e custodia dos bens xurídicos de natureza forestal no ámbito competencial da administración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente.

Axente Forestal: Funcionario e axente da autoridade que pertence á Administración Pública, que de acordo coa súa propia normativa, ten encomendada como misión principal, a de policía e custodia dos bens xurídicos de natureza forestal no ámbito competencial da administración galega.

Gardería forestal: Función encomendada pola presente Lei ás Administracións Públicas nela dispostas e que éstas exercen a través de funcionarios habilitados ó efecto.

Incendio forestal: Aqueles lumes que teñan lugar sobre terreo forestal. Así mesmo, considérase incendio forestal as queimas de restos agr&ícolas realizadas en terreos non forestais a unha distancia inferior a 200 metros da superficie arborada ou rasa, as queimas realizadas no monte nas épocas de prohibición, as realizadas en horario nocturno e as efectuadas sen os correspondentes permisos administrativos.

Artigo 87. 2.-

(a engadir)

d) O uso do espazo forestal para a realización de competicións ou entrenamentos automovilísticos, de motocross, de quads e demáis vehículos a motor, deberá contar coa previa e preceptiva autorización da Consellería de Medio Ambiente, segundo o procedemento recollido na normativa de desenvolvemento da presente Lei.

Artigo 89. 4.-

(a modificar)

Non se poderá autorizar un cambio de uso naqueles terreos forestais nos que se tivera producido un incendio forestal nos últimos cinco anos, salvo que acontezan circunstancias especiais, ou nos últimos tres anos no caso de que o cambio de uso sexa para a implantación de cultivos agrícolas ou pastizais.

Artigo 144.-

(a engadir ó final do texto)

As concesionarias de gasolineiras, propietarios de industrias pirotécnicas, de almacéns de materias inflamables e similares, sen perxuizo dos dispositivos de seguridade que lles correspondan segundo a súa lexislación sectorial, manterán libre de vexetación unha zona perimetral de 40 metros.

Artigo 146.-

Punto 2: ELIMINACIÓN.

Artigo 153. 4.-

(a engadir ó final do texto)

Nestes casos, a Administración responsable asumirá fronte a terceiros o abono da reponsabilidade civil á que poideran ser condenados o director técnico e demáis persoal ó seu servizo.

Artigo 181. h

(a engadir ó final do texto)

…sempre que os feitos non constitúan infración penal.

Artigo 181. k

(a modificar)

Organizar e realizar competicións ou entrenamentos automovilísticos, de motocross, de quads e demáis vehículos a motor sen autorización preceptiva da Administración forestal.

Artigo 181. m

(a engadir)

O trato desconsiderado á autoridade ou ós seus axentes no exercicio das súas funcións ou con ocasión de elas.

MODIFICACIÓN

TÍTULO XIII – CAPÍTULO II

Sección terceira: Das denuncias dos axentes da autoridade

Artigo 201. Presunción de veracidade

1. Os axentes forestais e os axentes facultativos medioambientais velarán polo cumplimento desta Lei e terán a condición de axentes da autoridade no exercicio das súas funcións en relación coa aplicación das prescripcións desta Lei e as súas normas de desenvolvemento.

2. Os feitos constatados por funcionarios ós que se recoñece a condición de axentes da autoridade, que se formalicen en documento público observando os requisitos legais pertinentes, e previa ratificación polo axente no caso de seren negados polo interesado, terán valor probatorio sen perxuizo das probas que en defensa dos respectivos dereitos e intereses poidan sinalar ou aportar os propios administrados.

Disposición adicional.

A denominación corporativa establecida para os axentes medioambientais e para os axentes forestais, serán de uso exclusivo para dito persoal, así como a uniformidade e distintivos que regulamentariamente se estableza.

Outras consideracións a diversos artigos:

Artigo 30.- Este artigo, que establece a posibilidade de autorizar ocupacións temporais de porcións de montes demaniais que non impliquen a realización de obras permanentes ou fixas, pode entrar en conflicto coas competencias urbanísticas conferidas ás administracións locais, entre as que está determina-los usos autorizables nos distintos tipos de solo.

Sección sexta (artigo 32 e SS).- Sobre servidumes en montes de dominio público): A limitación de dominio inherente a unha servidume é, xuridicamente falando, incompatible co carácter demanial dos bens públicos.

Artigo 50 .- Deslindes de MVMC con particulares ou montes públicos: posible lesión do dereito á tutela xudicial efectiva ó esixir como requisito previo para a realización do deslinde a renuncia a recorrer en vía administrativa a resolución do citado deslinde.

Artigo 53 .- Límites ás parcelacións, divisións ou segregacións: Parece oportuno establecer como excepción a posibilidade de segregar ou dividir parcelas se, simultaneamente, se realiza unha agregación ou agrupación de fincas das que resulten diversas unidades, todas elas de superficie superior ó límite de 5 Ha.

Artigo 183. 2.- Os plazos de prescripción deben correr dende a comisión da infración, non dende que se tivera coñecemento da mesma. Esta última opción plantexou problemas de legalidade no pasado, incluso de orde constitucional, e considerase de mellor técnica xurídica o aludir exclusivamente como inicio do cómputo do plazo de prescripción á data da comisión da infración. Esta tese é, ademáis, a seguida pola Lei 30/1992.

Artigo 198.- Vinculación á orde penal. Se cadra fose máis adecuado que, no caso de que os feitos obxecto de expediente sancionador puideran revestir carácter de delicto, en vez de paralizarse as actuacións administrativas, estas seguirán ata o momento de dictarse a resolución que proceda, paralizándose neste momento. Outras leis (p. ex. a Lei Orgánica 1/1992, de Proteción da Seguridade Cidadá) seguen este sistema sen problemas.

A sección segunda do capítulo II do Título XIII ten un epígrafe (outras sancións) que non corresponde plenamente á realidade, posto que o que se contempla nela non son en sentido estricto sancións, senón medidas de reposición ou reparación do dano causado, execución subsidiaria, comisos, etc.

 

{jcomments off} 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies