Alegacións o proxecto con nº. expediente: H/32/01054 e H/32/01240
Confederación hidrográfica Miño-Sil
ASUNTO: Alegacións o proxecto con nº. expediente: H/32/01054 e H/32/01240 (20100361HID)
Don Juan Cid Boo, con documento de identidade número XXXXXXXXXX actuando en nome e representación da Plataforma Cidadá Ríos Limpos, entidade sen ánimo de lucro e con domicilio a efectos de notificacións na Rúa xxxxxxxxxx; código postal número 32970 Seixalbo (Ourense),
EXPOÑO:
A os efectos previstos no artigo 144.3 do Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, e o artigo 9 do Real Decreto Lexislativo 1/2008, de 11 de xaneiro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos e polo que se somete ao trámite de información pública o Proxecto e o Estudo de Impacto Ambiental da solicitude da modificación de características da concesión administrativa e declaración de utilidade pública do aproveitamento dos ríos Salas e Limia, nos termos municipais de Muiños, Lobios, Lobeira, Calvos de Randín e Entrimo (Ourense), para produción de enerxía eléctrica. Central reversible Salas-Conchas publicado no Boletín Oficial da Provincia de Ourense co n.º 285 do 13-12-2012, presento as seguintes
ALEGACIONS:
PRIMEIRA: O aproveitamento hidroeléctrico dos ríos Salas e Limia, nos termos municipais de Muiños, Lobios, Lobeira, Calvos de Randín e Entrimo (Ourense), para produción de enerxía eléctrica. Central reversible Salas-Cunchas non se encontra entre as actuacións do vixente Plan Hidrolóxico xa que neste momento está en proceso de elaboración o novo Plan Hidrolóxico 2010-2015 da conca Miño-Sil segundo os criterios que marca a Directiva Marco de Auga, e ata que sexa aprobado definitivamente non se deben autorizar concesións de aproveitamento hidroeléctrico que vaian en contradicción co Plan Hidrolóxico 2010-2015 da conca Miño-Sil.
SEGUNDA: O dano ao curso fluvial ten como motivación o lucro mediante a produción de enerxía eléctrica, nun contexto de exceso de capacidade instalada na conca Miño-Sil. A Directiva Marco da Auga establece que a auga non é un ben comercial como os demais, senón un patrimonio que hai que protexer, defender e tratar como tal (artigo 1). Ademais dise no artigo 4 que haberán de aplicarse medidas necesarias para previr a deterioración do estado de todas as masas de auga superficial e estas haberán de protexerse, mellorarse e rexenerarse.
Tamén se insiste neste aspecto no Texto Refundido da Lei de Augas, onde se di no artigo 92 bis que se deben alcanzar obxectivos ambientais para as augas superficiais como é protexer, mellorar e rexenerar todas as masas de auga superficiais co obxecto de alcanzar un bo estado destas, e todo iso para o 31 de Decembro do 2015.
Dado que neste proxecto se producirá unha alteración hidromorfolóxica nas masas de auga superficial e el convérteas en moi modificada, non ten sentido que cando se está a intentar mellorar e lograr un bo estado potencial ecolóxico das masas xa moi modificadas se vaia no sentido contrario do espírito e a letra de toda a lexislación vixente hoxe.
Permitir unha actuación como a que se formula neste proxecto é unha contradición nun momento como o actual onde se están a desenvolver leis, como as que anteriormente mencionamos, onde o obxectivo a perseguir é protexer e mellorar o estado de todas as masas de auga.
TERCEIRA: Este proxecto e estudo da modificación de características, autorización e declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctrico, non pode considerarse como modificación do aproveitamento existente, senón que é unha nova concesión xa que se trata da construción de novos elementos descritos no devandito proxecto, para o cal se require a solicitude da preceptiva concesión e non se axusta ao Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado por Real Decreto 849/1986, do 11 de abril.
CUARTA: O desenvolvemento deste proxecto ten lugar nun territorio protexido, que está afectado pola seguinte Normativa internacional: Convenio entre España e Portugal do 30 Novembro de 1998. Protección e aproveitamento sostible de augas das Concas hidrográficas hispano-portuguesas e o Convenio de Albufeira: Convenio sobre cooperación para a protección e o aproveitamento sostible das augas das concas hidrográficas hispano-portuguesas, feito «ad referendum» en Albufeira o 30 de novembro de 1998. Polo que ten ten que ser tido en conta e valorado pola Comisión para a Aplicación e Desenvolvemento do Convenio sobre Cooperación para a Protección e o Aproveitamento Sostible das Augas das Concas Hidrográficas Hispano – Portuguesas, xa que van causar un impacto transfronteirizo, por contaminación antropogenica provocada polo trasvase de augas contaminadas principalmente por nitratos/amonio e cianobacterias do encoro das Conchas ao encoro de Salas e consecuentemente ao encoro de Lindoso que afectarían tamén augas abaixo nas poboacións portuguesas do Alto Miño de las Cámaras Municipales de Montalegre, Terras de Bouro, Melgaço, Arcos de Valdevez, ponte dá Barca e ata Viana do Castelo. En consecuencia débese prohibir o desenvolvemento deste proxecto xa que por ser zonas de abastecemento de augas para o consumo humano afectará á integridade da saúde e á seguridade humanas.
Así mesmo provocará unha alteración da calidade das augas no encoro de Lindoso e impedirá asegurar o cumprimento de todas as normas e obxectivos de calidade das augas clasificadas, segundo o dereito comunitario.
QUINTA: O encoro de Salas forma parte do Espazo Natural Protexido de carácter internacional “Parque Transfronteirizo Gerês-Xurés” declarado recentemente como Reserva da Biosfera pola UNESCO zona de gran riqueza medioambiental, patrimonial, cultural… que comparte usos e costumes dende tempo inmemorial a ambolos dous lados da Raia (Galicia e Portugal).
A Reserva da Biosfera Gerês-Xurés situada entre o noreste de Portugal eo suroeste ourensán, é un territorio de 259.496 hectáreas das cales 62.916 coinciden en parte co Parque Natural do Xurés (Galicia) e o 76% restante (205.580 hectáreas) forman parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês (Portugal). Para a súa declaración como reserva da Biosfera, a UNESCO tivo en conta a continuidade bioxeográfica das Serras Galaico-Miñotas e os vales conexos que comparten os dous territorios; a variedade dos seus ecosistemas e as especies endémicas desenvolvidas baixo a influencia conxunta do clima oceánico e mediterráneo e o manexo secular dos seus poboadores; así como a creación de centros de desenvolvemento sostible para prestar apoio as labouras realizadas polos concellos, que comparten usos e costumes, para acadar que o desenvolvemento local se axuste cada vez máis a criterios de compatibilidade coa protección axeitada do medio ambiente.
O proxecto para a producción de enerxía eléctrica coa construcción da Central reversible Salas-Conchas afecta gravemente o espazo protexido “Parque Transfronteirizo Gerês-Xurés” e pon en risco a súa declaración como Resrva da Biosfera pola UNESCO.
SEXTA: En relación á xustifica
ción do proxecto, non existe unha produción real de enerxía xa que se está a consumir máis enerxía no sistema de bombeo (960 GWH) que no de turbinación (1248 GWh). Tamén se manifesta que nestas centrais se produce unha perda de enerxía da orde do 25-30%-30 nun ciclo puro de bombeo e turbinación, polo que non existe ningunha xustificación obxectiva para a realización do proxecto.
Ademais, os sistemas de produción de enerxía eléctrica teñen que ser descentralizados, de forma que se produza o mais próxima aos lugares de consumo, feito que non acontece para o caso da conca Miño-Sil, que xa se encontra saturada coa construción de centrais hidroeléctricas.
Tampouco é xustificable o aproveitamento pola redución das emisións de toneladas de CO2 anualmente á atmosfera, xa que o devandito cálculo se basea nas estimacións da produción e debe facerse unha análise global do efecto da central reversible sobre as emisións, polo que tamén teñen que ser consideradas as estimacións do consumo enerxético durante a fase de bombeo, co cal o balance das emisións de CO2 sería equilibrado ou mesmo negativo, xa que como tamén mencionamos anteriormente o propio estudo describe perdas dun 30% de enerxía.
SÉPTIMA: A argumentación do promotor referente ao uso de almacenamento do exceso de enerxía eólica e a regulación do sistema de demanda de enerxía é errónea e non xustificable, xa que segundo se describe a capacidade de produción e o programa de bombeo-turbinación proposto, se considera un ciclo de turbinación de 3 horas/día de luns a venres, correspondendo 21 horas semanais ás horas de bombeo en horas nocturnas e fins de semana, non existindo unha correlación simultanea e coincidente cos excesos da produción eólica, os cales non foron analizados e avaliado no proxecto e que permitirían realizar unha xustificación axeitada da devandita argumentación.
OITAVA: Na descrición do proxecto menciónase o valor medio anual de horas de emprego da central actual de Salas, de 1000 horas de utilización, cifra relativamente baixa segundo o documento, e tamén se manifesta que os dous aproveitamentos do Salas e As Conchas se consideran infrautilizados.
Na análise de alternativas non se valora, en ningún caso á alternativa consistente na mellora da eficiencia destas instalacións existentes, en vez de executar novas obras cos custos económicos, sociais e ambientais asociados, polo que se desvirtúa o EIA en tanto que non existe unha avaliación real da realización do proxecto.
NOVENA: En relación a linea a de alta tensión preséntanse algunhas incongruencias tanto no proxecto coma no estudo de impacto ambiental. Así no proxecto se menciona unha linea de conexión aérea de de 400 kv cunha lonxitude aproximada de 10 km, mentres que no estudo de impacto ambiental se seleccionou como alternativa máis idónea unha linea 220 kV cunha lonxitude total de 16,21 km, dos cales 1,9 km serían en tramo subterráneo e un tramo aéreo de 14,31 km.
Tampouco está establecida o punto de conexión e situación exacta coa subestación correspondente, polo que tamén a lonxitude total podería ser maior.
Esta liña ten no seu trazado actual unha lonxitude superior a 15 km e parece evitar o establecido no apartado g, grupo 3 do Anexo I do RDL 1/2008 (construción de liñas aéreas para o transporte de enerxía eléctrica cunha voltaxe igual ou superior a 220 kV e unha lonxitude superior a 15 km), sendo polo tanto preceptivo o seu sometemento a un procedemento de avaliación de impacto ambiental.
Ademais, non hai ningunha xustificación para desagregar linea a de alta tensión en dous tramos un subterráneo e outro aéreo, polo que esta infraestrutura ten que estar concibida e definida totalmente como subterránea, non sendo admisible o tramo o aéreo.
DÉCIMA: Os encoros de Salas e As Conchas contan cun diferente estado trófico e ecolóxico, de esta forma, o encoro de Salas encóntrase clasificado como mesotrófico e o Das conchas como eutrófico.
No estudo do hábitat fluvial no encoro Das conchas detectáronse cianobacterias con % superiores ao 99% sendo catro taxóns tóxicos, e cualificándose no verán do ano 2011 como hipertrófico.
Así mesmo o biovolumen de cianobacterias presente Nas conchas en xuño de 2011 foi de 39,47 mm3/L. Segundo os valores recomendados pola OMS como valores guía de cianobacterias en augas naturais para a produción de auga potable e para auga de baño, o encoro Das conchas quedaría clasificado en Nivel Guía 2 para augas de baño: moderadas posibilidades de efectos adversos para a saúde, as concentracións de toxina poden ser altas, a restrición do baño pode ser apropiada.
UNDÉCIMA: Tendo en conta os principais parámetros indicadores do potencial ecolóxico (biolóxicos e físico-químicos), clasificouse o encoro de Salas como MODERADO en primavera e verán de 2010 e como BO en primavera de 2011 e MODERADO en verán de 2011, mentres que o encoro Das conchas como MODERADO en primavera e verán de 2010; e DEFICIENTE en primavera de 2011 e MALO en verán en 2011.
Así, a posta en contacto das dúas masas de augas do encoro Das conchas e do Salas, con características hidrolóxicas e condicións fisicoquímicas da auga moi diferentes, provocará alteracións significativas no estado de calidade das augas, non alcanzándose o bo potencial ecolóxico segundo os criterios da Directiva Marco da auga.
DUODÉCIMA: Así mesmo a posta en contacto das dúas masas de augas do encoro Das conchas e do Salas, provocará alteracións significativas en relación ás concentracións de nitratos e amonio de ambas as dúas masas de augas e alteracións nas comunidades taxonómicas do fitoplancto producindo unha contaminación antropoxénica que afectará ao estado de calidade das augas, non alcanzándose o bo potencial ecolóxico segundo os criterios da Directiva Marco da auga.
Así mesmo provocará unha alteración da calidade das augas no encoro de Lindoso e impedirá asegurar o cumprimento de todas as normas e obxectivos de calidade das augas clasificadas, segundo o dereito comunitario.
TRIXÉSIMA: En relación aos obxectivos de calidade para os diferentes parámetros de calidade (augas salmonícolas) que establece o Decreto 130/1997 e o grao de cumprimento para os tributarios dos encoros, o río Limia non cumpre os criterios de calidade dos diferentes parámetros estudados nos meses de verán, polo que tamén a posta en contacto das dúas masas de augas afectará ao estado de calidade das augas, non alcanzándose o bo potencial ecolóxico segundo os criterios da Directiva Marco da auga.
DÉCIMO CUARTA: A modificación dos parámetros na calidade da auga Das conchas alterará tamén a calidade da auga do encoro de Lindoso, especialmente no tramo de cola, xa que os desaugadoiros do fondo achegan auga cunha baixa concentración de osíxeno. Ademais, a achega de auga procedente do encoro Das conchas alterará tanto os patróns de estratificación vertical de Lindoso debido á turbidez como á calidade das vertical augas debido ás concentracións moderadamente elevadas de amonio.
DÉCIMO QUINTA: En relación ao Anexo VI SIMULACIÓN DA CALIDADE DA AUGA CHR SALAS -CONCHAS, carece completamente de obxectividade e de rigor científico e legal.
En primeiro lugar deberíanse definir factores morfosedimentarios, factores hidrolóxicos e hidráulicos, calidade das augas e aspectos biolóxicos que afectan á calidade das augas, así poderiamos citar como ejemplso significativos: as poboacións de cianobacerias tóxicas, os factores implicados na distribución e no desenvolvemento das cianobacterias, relacións entre as cianobacterias e os nutrientes, análise dos parámetros de nutrientes como amonio total
e nitratos…..
Para a simulación da calidade debe aterse aos diferentes parámetros e indicadores regulados segundo a Instrución de Planificación Hidrolóxica (Orde ARM/2656/2008, do 10 de setembro), na que se establecen como indicadores incluídos no elemento de calidade biolóxico para o Fitoplancto: concentración de clorofila-a, biovolumen total, IGA e porcentaxe de cianobacterias, sendo necesario analizar estes catro indicadores para os encoros de Salas, As Conchas e Lindoso.
Así mesmo establécense outros indicadores dos elementos de calidade hidromorfológicos que deberían ser analizados. Tamén se establecen indicadores dos elementos de calidade físico-químicos sendo necesario e significativo que se analizasen os parámetros de nutrientes amonio e nitratos, para os encoros de Salas, As Conchas e Lindoso.
DÉCIMO SEXTA: O Plan de Vixilancia, nas diferentes fases de construción, operación e desmantelamento, carece de medidas de control de seguimento exhaustivo das poboacións de cianobacterias nos encoros de Salas, As Conchas e Lindoso, asi como de medidas de control exhaustivas dos nutrientes amonio e nitratos nos encoros de Salas, As Conchas e Lindoso.
DÉCIMO SÉPTIMA: Non se achega un estudo económico-financeiro da central durante a fase de explotación.
Por todo o anteriormente exposto,
SOLICITO:
PRIMEIRO: Que se admita este escrito de alegacións, as cales sexan tidas en conta e se dea unha resposta razoada e motivada a cada unha delas.
SEGUNDO: Que se desestime e se formule unha declaración de impacto ambiental en sentido negativo para o proxecto aproveitamento hidroeléctrico reversible de Salas-Cunchas con n.º expediente: H/32/01054 e H/32/01240 (20100361HID)
Ourense, 18 de xaneiro de 2013
Asdo.: Juan Antonio Cid Boo
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}