Alegacións de CCOO ó borrador de orde sobre concurso de traslados
BASE II.2
Solicítase unha corrección no segundo parágrafo mudando “14” por “12”.
BASE II.4.1
O primeiro dos casos de cursos que se sinalan non encadra coas escalas ás que se dirixe esta orde. Propoñemos que a redacción deste apartado sexa no sentido do seguinte:
- Cursos relacionados coa categoría e co ámbito de actuación das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais e en concreto coas áreas de conservación da natureza, espazos protexidos, tomas de mostras, aproveitamento dos recursos naturais, forestais, cinexéticos e piscícolas de augas continentais, montes, pragas forestais e os relacionados cos incendios forestais.
- Cursos de procedemento administrativo e de seguranza e saúde laboral para todos os postos.
- Cursos de informática: internet, correo electrónico, aplicacións ofimáticas:
office, word, power point, excel, access, así como aplicacións técnicas sobre manexo de GPS e sistemas de información xeográfica : Arcview, OziExplorer, ou similares.
Corrixir eliminando a expresión “…tanto…” do parágrafo 12º.
BASE II.5
Falta recoller a puntuación máxima deste apartado.
BASE II.6
Non aparece. Por erro ou omisión salta da Base II.5 á Base II.7. Como tamén falta a baremación de pertenza a determinados grupos propoñemos, seguindo a liña doutros concursos, a introducción do seguinte texto:
II.6. Polo grupo a que pertence o/a funcionario/a e desde o que participa no concurso outorgaranse os seguintes puntos:
Por pertencer ao grupo C1 (antigo C): 3 puntos.
Por pertencer ao grupo C2 (antigo D): 2 puntos.
BASE IV.1.2. 2º parágrafo
“- Servizos centrais: secretario xeral….” parece un erro de transcrición pois non existe ningunha praza con localización en Servizos centrais, polo que débese corrixir este aspecto.
A Coruña, 11 de decembro de 2008
Asdo.: Alejandro Rodríguez Pazos
DIRECCIÓN XERAL DE FUNCIÓN PÚBLICA
San Caetano – Santiago de Compostela {jcomments off}