Ampliación do período extraordinario
Debido ás causas metereolóxicas (desta vez a prevención e a xestión levada a cabo polos dirixentes de Medio Rural non teñen nada que ver coa vaga de lumes tal e como dixeron que ocorrira tralo éxito do verán) os desta Consellería veñen desta vez de ampliar “sine die” e “sine negotiatio” e “sine nada” o tempo de realización de gardas de 12 horas, é dicir período extraordinario, dun xeito e cunhas formas que non se apreciaban dende a morte do dictador. A CAÑÓN, contra a parede, sen negociar, conculcando a lexislación laboral, de prevención de riscos, acordos pactados e ordes publicadas, simplemente por non ter xestionado no seu tempo estes asuntos “excepcionais”.
Dende CC.OO. so podemos aconsellar ós traballadores que non fagan nin o máis mínimo caso a instruccións dadas mediante chamadas telefónicas, dimes e diretes, seicas, disques se demáis contos e so no canto de que se entregue unha orde por escrito, persoalizada e con sinatura cuño e pé poderían obrigar a cumprir con este despropósito.
No canto de non ocorrir así a Consellería pode entender que o seu cumprimento é voluntario, e polo tanto tamén poderán pagar estes servizos de xeito voluntario (ou sexa, canto e a quen eles lles parezca) e ninguén tería o dereito a poder presentar ningunha reclamación.
Polo tanto CC.OO. esixe que estas ordes se entreguen por escrito individual a todas aquelas persoas afectadas e que sexa chamada de urxencia a Mesa de Seguemento do Acordo de Axentes Forestais.
ACCIÓN SINDICAL
SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CC.OO. de Galicia{jcomments off}