APRAFOGA, clave para a futura lei galega de prevención e defensa contra os incendios

APRAFOGA participará a través dunha unidade mixta impulsada, a través dun convenio, pola Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo. Un dos seus cometidos será impulsar un proceso participativo que permita reunir as opinións de máis de 200 axentes do sector.

A unidade ten o obxectivo marcado de xerar unha “reflexión previa” da que poidan saír “directrices e conclusións” que sirvan como base para a elaboración desta nova lei.

O principal asunto a debater será unha problemática, a dos lumes forestais, “que todas as evidencias indican que imos seguir sufrindo, incluso cos riscos acrecentados, debido tanto ao cambio climático como os cambios sociodemográficos”. 

Sumaranse ademais as opinións que poidan reunirse a través dunha serie de enquisas que se distribuirán entre diferentes estamentos do sector forestal.

Haberá catro bloques de traballo. O primeiro deles, a análise do reparto de competencias entre administracións. As actuacións preventivas sobre o territorio e sobre a poboación, que abranguen desde accións de sensibilización a iniciativas de mobilización de terras, recuperación de cultivos e plans silvopascícolas centran o segundo bloque deste proxecto.

O terceiro porá o foco nas limitacións aos usos e actividades no monte en relación cos incendios e os terreos queimados, así como na regulación das queimas controladas e na restauración das zonas afectadas, mentres que a extinción, vixilancia e detección dos lumes serán o núcleo da cuarta liña de análise.

Coas conclusións de cada bloque elaborarase un documento de peche con vistas á redacción da nova lei, co propósito, segundo sinalou a Xunta, de ter listo un texto articulado de consenso no primeiro semestre de 2021.

 Máis información en: https://pontevedraviva.com/xeral/69453/forestales-clave-futura-ley-gallega-prevencion-defensa-contra-incendios/

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies