As novas sociedades forestais entrarán en vigor en 20 días

O decreto que regula as sociedades de fomento forestal (Sofor), unha nova figura impulsada pola Xunta para lograr un mellor aproveitamento do monte a través da agrupación de parcelas, entrará en vigor dentro de 20 días, despois de que onte fose publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As Sofor substitúen ás Uxfor, deseñadas polo bipartito, e son entidades de dereito privado con regulación mercantil específica. Diferéncianse da súa antecesora na súa natureza xurídica, posto que as Uxfor estaban suxeitas ao dereito administrativo, algo que segundo a Xunta lle restaba operatividade como ferramenta para axilizar a concentración de parcelas forestais.

As Sofor, que son de adscrición voluntaria, abren a porta á entrada de investidores no capital social como vía para captar novos recursos económicos para o monte. “A nova figura busca a posta en valor do monte e o aumento da renda agraria, facilita a adscrición dos propietarios de xeito voluntario e fai posible a coexistencia de socios titulares dos terreos con investidores privados”.

 

{xtypo_feed}El nuevo Alcázar{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies