Celebrada a XIV asamblea de AEAFMA
Representantes de APRAFOGA asistiron á XIV Asamblea da Asociación Española de Axentes Forestais e Medioambientais (AEAFMA).
O pasado 23 e 24 de novembro celebrouse en Valsaín a XIV Asamblea da da Asociación Española de Axentes Forestais e Medioambientais. Ao acto asistiron diversos representantes das diferentes Comunidades Autónomas do Estado, entre eles representantes de Aprafoga que exerceron o seu dereito a participar nas tomas de decisións en representación dos seus socios.
A executiva de AEAFMA presentou perante os asistentes o estado de contas, incluído os custos do último congreso celebrado en Toledo, e o informe de xestión do último ano. Destas e doutras circunstancias tratadas darase traslado aos socios de Aprafoga a través da súa xunta directiva.