Asignación ós Distritos de Axentes Medioambientais

A CIG solicita á Consellería de Medio Rural a protección en materia de seguridade e saúde dos Axentes forestais

A Confederación Intersindical Galega unha vez máis e por mor da asignación obrigatoria ós Distritos Forestais  de Axentes Forestais e Facultativos Medioambientais do Servizo de Conservación da Natureza para a realización das tarefas en extinción de incendios.

En base ó dereito dos traballadores a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo é o deber de protección da Xunta de Galicia dos seus traballadores fronte os riscos e, en especial en referencia aos artigos 15, 16 e 17 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.

Con data 20 de Agosto de 2009,

A CIG SOLICITA AO SECRETARIO XERAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

A Avaliación da Saúde dos/as traballadores/as despois da asignación de tarefas específicas con novos riscos para a saúde.

A Avaliación de Riscos dos postos afectados por esta asignación e actualización no seu caso. Aplicación pola Xunta de Galicia das actividades de prevención derivadas da Avaliación de Riscos.

A formación en materia de prevención de riscos nas novas funcións e posta en coñecemento destes axentes forestais do plan de acción onde veñen recollidas as medidas preventivas para a súa realización.

Identificación das tarefas, información e instrucción sobre os prodecementos e organización para a realización das labouras na extinción de incendios forestais.

Entrega ao persoal afectado de Equipos de Protección Individual axeitados e o material preciso para garantir a súa seguridade e saúde.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies