A Administración realiza a avaliación de riscos laborais trala denuncia da CIG

Os postos de axentes forestais, axentes facultativos medioambientais, enxeñeiros/as técnicos forestais e xefes/as de Distrito, foron avaliados e así no-lo comunica agora inspección de traballo o 5 de febreiro. Non sin hora, (a Lei de prevención de riscos laborais obriga a avaliación dos riscos laborais dende 1995) e logo de denuncia da CIG ante o INTSS, conqueriuse un novo avance ante o non recoñecemento expreso da Admón. das labores que realizan estes funcionarios e funcionarias da Consellería de Medio Rural. Ata o de agora  realizaba avaliacións dalgúns centros de traballo sin ter en conta os postos que realizan as funcións nel e especialmente as funcións que se realizan fóra, no monte, (incendios forestais, toma de mostras de verquidos, vixilancia da caza, necropsias e recollida de animais…).

A CIG xa antes denunciara estes feitos ante o Servizo de Prevención própio, os Comités de Seguridade e Saúde Laboral e ante a Dirección Xeral de Relacións Laborais sen máis resultados que vagas declaracións de intencións.

Hoxe os traballadores e traballadoras da función pública galega estamos de noraboa porque a nosa empresa cumple un pouco máis a lei. Agora é importante que estas avaliacións iniciais esten nos centros, sexan coñecidas e accesibles polos traballadores e traballadoras, sexa cumplido o seu plan de acción e se fagan as revisións e correccións que fosen necesarias.

{xtypo_feed}CIG{/xtypo_feed}

{jcomments on}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies