Avaliación do parque nacional das Illas Atlánticas
O Persoal propio do parque Nacional é 1 director e 1 directora adxunta, 2 técnicas, 6 persoas de administración, 1 conductor, 6 guías, 8 axentes, 2 persoas de mantemento das instalacións.O resto do persoal que traballa no Parque é de Trasga e tamén hai 4 vixiantes de Costas.
O persoal do Parque ten dotación de roupa corporativa do OOAA Parques Nacionales que cambia cada ano sen organización nin adaptación ao medio nin as tarefas que realizan.
A oficina principal, situada dentro do edifico do Centro Tecnolóxico do Mar esta deseñada para ser laboratorio polo que cables e ficheiros, carpetas e caixas están no chan. Unha caixa grande(3x2m) apoiada nunha parede sen ningún tipo fixación e unha fenda no teito onde o aparello de aire acondicionado súmanse a problemas na calefacción e mal olor dos desaugues.
Na planta superior do edificio hai dous despachos e un pequeno almacén adiadas a dirección e na planta baixa comparten espacio co CEMA onde se apiñan caixas en palés co material que despois reparten conductores e guías.
Avaliación das Illas que conforman o Parque Nacional Illas Atlánticas (Só se visita Cíes):
As instalacións do persoal das illas Cíes están formadas por varias casas é un centro de interpretación.
Hai que destacar os graves problemas de humidade que presentan tódalas casas, con ventás mal illadas, desconchóns e mal cheiro, falta de calefacción, falta de espacio, escasean armarios e taquillas, mala ventilación, os baños son compartidos e algún no exterior das vivendas, espacios pequenos…
A instalación eléctrica é deficiente e que ten cables a vista en tódalas casas.
As instalacións adicadas a almacéns ou talleres de ferramentas tamén presentan o mesmo aspecto cas vivendas, con falta de espacio para gardar ás ferramentas e o material de traballo e con escasas medidas de seguridade.
Embarcacións sen avaliación de riscos. No embarcadoiro realízanse tarefas de carga e descarga onde o espacio é moi reducido e apenas poden manobrar co tractor. As escadas e o embarcadoiro carecen de varanda co evidente risco de caídas
A singularidade do persoal que traballa nas illas e o mal estado xeral que teñen as instalacións onde non so permanecen mentres traballan senón viven durante o período de quendas fai que o traballo nas illas sexa duro i é entón necesario que se realice unha boa avaliación dos riscos sicosociais aos que están expostos/as (insularidade, a relación cos compañeiros e empresas e a dificultade de conciliar a vida laboral coa familiar).
Cando as delegadas da CIG destacamos a importancia de que a técnica da MUTUA que esta a facer a avaliación recollera os cuadrantes dos axentes e guías di que os horarios non teñen importancia.
Esta visita realízase nunha soa mañá xunto coa do Centro de Bouzas polo que o tempo foi moi limitado. Dado que o Parque se conforma de varias illas e non so son as Cíes débense visitar as instalacións das outras illas e ver as condicións de traballo nas que esta o persoal, destacando que en Sálvora tan sequera teñen instalacións.
Unha vez máis coincide que o día no que se van a avaliar centros desta Consellería hai pouco persoal, neste caso porque é o cambio de quenda, situación máis que previsible.
E, unha vez máis, a MUTUA GALLEGA non entrega as enquisas ao persoal.
Zeltia Burgos Tortosa
Delegadas de prevención da CIG