Aparecen máis dun centenar de aves mortas nas marxes da desembocadura do río Castro en Cee

Desembocadura do río Castro, Lires, CeeOs veciños de Lires (Cee) atopáronse onte a desembocadura do río Castro salpicada de cadáveres de aves. Nas dúas marxes da canle, no seu tramo final, apareceron decenas de gaivotas e exemplares dalgunha outra especie, como grullas e corvos mariños, que viven na contorna durante o inverno.

 

Un veciño da localidade foi quen avisou á Policía Local. Os axentes trasladáronse ata o lugar, no que un mariñeiro de Lires xa empezara a xuntar os corpos dos paxaros. Retirou das marxes do río preto de 80, na súa maioría gaivotas. Desde a Policía Local de Lires explican que polo menos unha cantidade similar seguía aínda na area e entre as rocas da beira. Os axentes deron aviso entón ao Seprona e á Consellería de Medio Rural, que desprazou a tres operarios ata Lires para recoller as aves.

 

Varios exemplares foron levados ao centro de recuperación de fauna de Oleiros, onde se practicarán as necropsias e as análises necesarias para determinar a causa da morte.

Aínda que os paxaros foron atopados onte, todo apunta a que levaban varios días mortos, polo seu avanzado estado de descomposición. A gran cantidade de cadáveres fai pensar que nada tivo que ver a mortaldade cos efectos dos últimos temporais, que tamén adoitan causar baixas na poboación de aves.

 

{xtypo_feed}A Voz – 21-11-09{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies