Os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil, que se desprazou ata o lugar para tomarlle declaración

Axentes ambientais da Xunta, dependentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, sorprenderon in fraganti un home cando prendía lume en Cangas. Ocorreu a pasada tarde, na parroquia de Coiro deste municipio pontevedrés.

A Xunta informou nun comunicado que unha vez detectada esta conduta incendiaria, os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil, que se desprazou ata o lugar para tomarlle declaración. Canto ao lume, iniciouse ás 20,04 h. de onte e afectou unicamente 4 metros cadrados de monte raso, grazas á rápida intervención do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (Spdif). Para o seu control mobilizáronse en total 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba.

Máis información en: https://www.vigoe.es/comarcas/morrazo/cangas/axentes-ambientais-da-xunta-sorprenden-in-fraganti-a-un-home-cando-prendia-lume-en-cangas/

 

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies