Dous Axentes Forestais da Xunta de Galicia recibiron o premio “El Batefuegos de Oro” trala proposta feita dende APRAFOGA.
Dous Axentes Forestais dos Distritos XI e XVI foron premiados cunha mención especial do “Batefuegos de Oro” na edición de este ano trala proposta realizada pola Asociacón Profesional de Axentes Forestais de Galicia (APRAFOGA) e cos apois acadados dende diversas entidades e institucións.
Estos premios son promovidos por APAS (Asociación para a promoción de actividades socioculturais) e co apoio de diferentes entidades e institucións. A función destos premios é valorar e dar a coñecer actuacións de carácter modélico na loita contra os incendios forestais. O motivo da concesión aos Axentes Forestais galegos foi porque grazas a súa actuación, en ámbolos dous casos, puidose deter e por a disposición xudicial a dous incendiarios que acaban de provocar mais de vinte puntos de lume na madrugada do 18 de agosto no concello de O Barco de Valdeorras, e na madrugada do 11 de setembro no concello de Lalín.
O traballo dos Axentes Forestais, está sendo decisivo para poñer a disposición xudicial aos presuntos incendiarios. As actuacións exemplares destos funcionarionarios premiados evitarán a impunidade das accións dos incendiaios e mediante o recoñecemento da súa laboura refórzase a figura do Axente Forestal na protección e defensa dos nosos bosques.
O acto da entrega dos premios tivo lugar o pasado día 28 no salón de actos da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes de Madrid, e os premiados estiveron acompañados polo Subdirectar Xeral de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais da Consellería de Medio Rural, varios compañeiros dos colectivos de Enxeñeiros Forestais e Axentes Forestais de dita Consellería, así coma de representantes da Asociación Profesional de Axentes Forestais de Galicia.