Brigadistas ourensáns din á Xunta que a falla de información é un insulto para eles

Concentración en Ourense

Formación para evitar situacións como a que en Fornelos de Montes se cobrou a vida de dous brigadistas, e información para que tamén a cidadanía valore na súa xusta medida o labor e o risco que corren aqueles que loitan estes días contra o lume en toda Galicia. É o que, entre outras cousas, pediron publicamente os brigadistas ourensáns que ao mediodía deste luns concentráronse ante o Edificio Administrativo da Xunta nesta cidade, en recordo de Julio Martínez da Silva e Rodrigo Amo González e en solidariedade coas súas familias.

“Formación” e “información” foron dúas das peticións feitas públicas polos brigadistas que se concentraron ao mediodía deste luns ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense, en recordo dos brigadistas mortos o pasado día 13 deste mes no incendio de Fornelos de Montes e solidarizarse coas familias de Julio Martínez daSilva e Rodrigo Amo González.

Concentración en Ourense

A concentración partíu dos traballadores do Distrito Forestal XII, Miño-Arnoia, de Ourense, e a ela sumáronse os doutros distritos da provincia aos que os labores destes días permitíronllo, acudindo á concentración na súa inmensa maioría con roupa de traballo.
A concentración reclamou á Xunta de Galicia “formación axeitada a tódolos traballadores que se adican ás labouras de prevención e extinción de incendios forestais”, como unha fórmula válida para evitar desgrazas como a ocorrida en Fornelos de Montes.

Así mesmo, os brigadistas ourensáns esixiron á Xunta de Galicia “información puntual dos lumes que se producen en Galicia”, e manifestaron que “agochar a realidade non axuda a solucionar ou problema”.

Concentración en Ourense

É máis, sinalaron os concentrados que “a falla de información e o silencio premeditado é un insulto para os traballadores forestais de Galicia, que vemos que, debido a esa estratexia política de desinformación, non se valora o traballo que realizamos”.

No manifesto elaborado e ao que deron lectura, sinálase que existe actualmente unha sociedade suficientemente avanzada como para poder ser informada debidamente, capaz de permanecer á marxe de sensacionalismos e alarmismos.

Así mesmo, pediuse publicamente a substitución “inmediata” dos medios e materiais que se quedaron obsoletos por equipamentos máis adecuados, o que posibilitará mellorar a eficacia da loita contra incendios por terra.

Concentración en Ourense

 

{xtypo_feed}Ourensedixital.com{/xtypo_feed}

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies