Plataforma Sindical de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia
CONVOCATORIA DE MOBILIZACIÓNS
As consellerías de Medio Rural e Medio Ambiente e tamén da Consellería de Presidencia a través da Dirección Xeral de Función Pública tiveron continuas dilacións e incumprimentos durante máis dun ano sobre a negociación de aspectos laborais e económicos dos colectivos de Axentes Forestais e Axentes Medioambientais. Esta situación é xerada por estas instancias ás que os sindicatos que forman parte desta Plataforma aclaran que se tentaron resolver estas cuestións dende fai máis dun ano sen obter respostas por parte dalgunha consellería ou vagas promesas e propostas irrisorias.
Isto tradúcese nos seguintes aspectos:
- A remuneración por xornadas de traballo de 12 horas máis baixa do Estado. En concreto 16 € brutos por xornada. A proposta de Medio Rural é tan ridícula que ofertan subir estas cantidades entre 2 e 4 €.
- O cadro de persoal é o mesmo de fai 25 anos. En lugar de aumentar prazas reducíronse. Nin sequera existen reforzos de verán para a tempada de lumes cando tódolos estamentos equipos e persoal si o fai. Cabe subliñar que os Axentes Forestais e Medioambientais son os responsables da extinción dos incendios forestais en máis dun 90% dos casos e a media galega é de máis de 10.000 lumes ó ano (a metade dos que hai no Estado).
- A falta de entendemento entre as consellerías de Medio Rural e a de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible que nos aboca a non ter definidas as nosas tarefas a comezos do verán ou a imposibilidade de lograr acordos para estes colectivos.
- Os incumprimentos e a demora inxustificada do acceso a grupos superiores, cando xa tiña que estar en marcha o 2º proceso de integración no grupo C. Esta situación afecta a case que 250 Axentes dun cadro de 550 e creemos que isto conleva un desvío de orzamentos xa comprometidos.
A todo isto so hai que engadirlle unha permanente desidia, desprezo e ninguneo cara estes traballadores pois obsérvase día a día como se gastan recursos económicos sen mesura na creación de “chiringuitos” como Seaga e outros, ou o mantementos dos xa existentes como Tragsa, a donación de bens públicos cara estas empresas, a dotación de medios a voluntarios ou a corpos do Estado, etc. Mentres tanto este colectivo non dispón de medios e os que ten raian a absoluta vergoña.
Así e todo, as organizacións sindicais integrantes desta Plataforma Sindical de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia, logo de consulta cos traballadores afectados nas asembleas dos días 15 e 16 deste mes decidimos convocar un calendario de mobilizacións e que resumen no seguinte:
29 e 30 de xullo: PECHE DE DELEGADOS NAS CONSELLERÍAS AFECTADAS
12, 19 e 26 de agosto e 2 de setembro: MANIFESTACIÓNS
Do día 10 de setembro en diante: FOLGA INDEFINIDA
CCOO Alejandro Rodríguez Pazos 657.659.534 – Javier Sánchez Juíz 667.703.511
UGT Luis Espiñeira Lage 605.451.074 – Antonio Pimentel González 627.419.605
CSI-CSIF Rubén Pardo Cid 639.202.947 – Ramón Díaz Fernández 639.098.237{jcomments off}