Casos de envenenamento

 

Introdución

O uso do veneno ou calquer outro método de destrucción masiva ou non selectiva como método de control de predadores ou con calquer outro fin, está expresamente prohibido pola Directiva 79/409/CEE da Unión Europea (art. 8) relativa á conservación das aves silvestres e a Directiva 92/43/CEE (art.15) relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres, ambas traspostas ó noso ordenamento xurídico, e polo Convenio de Berna, relativo á Conservación da Vida Silvestre e o Medio Natural en Europa, convenio suscrito polo Estado español.

No ámbito nacional, o uso de veneno ou calquer outro método de destrucción masiva ou non selectiva está expresamente prohibido pola Lei 4/89 de Conservación dos Espazos Naturais e da Flora e Fauna Silvestres, e os reais decretos que a desenrolan, especialmente o Real Decreto 1997/1995 do 7 de decembro que enumera os medios e métodos de captura que quedan prohibidos.

O uso de veneno, en concreto, e de calquer método de destrucción ou morte masiva en xeral, está ademáis tipificado como delicto no Código Penal de 1995 (art. 336), establecendo unha pena de prisión de seis meses a dous anos ou multa de oito a vintecatro meses. A conducta punible no só consiste na caza ou pesca de especies animais nas que a súa captura ou morte está prohibida, senón tamén o uso de métodos prohibos polas leis, entre os que figura o uso do veneno. Ademáis, o uso do veneno pode conlevar a pena accesoria de inhabilitación para a caza de tres a oito anos, entendendo como inhabilitación a retirada da licenza de caza e a posibilidade de obtela polo tempo da condena e a posibilidade do decomiso das armas ou aparellos empregados, sexan lícitos ou non.

No ámbito autonómico, o uso de veneno ou de calquer outro método de destrucción masiva ou non selectiva está expresamente prohido nas diferentes Leis de Caza ou de Conservación da Natureza das Comunidades Autónomas que as aprobaron. Non só queda prohibido nesta lexislación autonómica o uso de venenos, cebos envenenados ou o emprego de calquer método de destrucción masiva, senón que tamén considera estos feitos como un aproveitamento abusivo ou desordenado dos recursos cinexéticos e o incumplimento dos plans de conservación ou de aproveitamento cinexético aprobados.

Estas prohibicións de uso de veneno nas normativas comunitaria, estatal e autonómica non son gratuitas, senón que responden a criterios obxectivos de conservación da fauna silvestre. O uso de venenos para o control de predadores é amplamente contemplado como un método non selectivo de eliminación de animáis silvestres, é decir, caracterízase pola súa falta de especificidade e de selectividade á hora de controlar a determinadas especies e supón, polo tanto, un grave risco para as especies silvestres protexidas pola lei.

Recomendacións na recollida de mostras

O levantamento de cadáveres ou a toma de mostras debe ir acompañada dunha Acta ou Atestado ou de un Informe. Na Acta ou Informe deben constar tódolos datos dispoñibles do caso, tales como a data, hora, localización das mostras, testemuñas e as súas sinaturas, feitos probados, número e natureza das mostras recollidas. Este Acta ou Informe é a base para a posterior denuncia ó órgano xudicial. Incluimos tamén un modelo de Acta ou Informe de achádego de cebos supostamente envenenados ou de cadáveres. É igualmente recomendable a inclusión de informes fotográficos dos feitos ou do lugar, e no caso de achádegos en lugares limítrofes entre diferentes propiedades ou que poderían arroxar dúbidas sobre a localización exacta, é aconsellable a descripción exacta do lugar, ben empregando, por exemplo, coordenadas UTM, ou ben tomando un elemento da paisaxe como referencia do lugar do achádego.

Outro aspecto importante, tralo achádego de cebos ou cadáveres, é revisala zona para averiguar si existen máis cebos ou cadáveres, incluso de animais domésticos. Nalgúns casos de envenenamento, particularmente cando se empregan tóxicos de efecto non fulminante, os cebos preparados co veneno no interior, que intoxican ó animal cando empeza a dixerilo, non no momento da inxestión, permitíndolles así certo desplazamento, pódense atopar exemplares envenenados nun radio de varios centos de metros do punto de colocación do veneno. Esto pode complicar enormemente nalgúns terreos as labouras de inspección, pero a retirada, tanto de cebos como de animais envenenados, é de vital importancia, a efectos xurídicos porque son a proba do delicto, e a efectos prácticos para evitar o agravamento do dano.

No que respecta ó estado de conservación ou degradación das mostras, a maioría dos tóxicos que se empregan como venenos fanse nunhas concentracións, forma de aplicación e condicións que aseguran unha elevada persistencia no medio, a pesar de que a información técnica destes produtos indique que se degrada con facilidade (e así é en condicións normais de uso). Así, é posible determinar casi todos eles durante semanas, meses e incluso, en algúns, anos despois da morte do animal ou da colocación do cebo. Por elo, o mal estado de conservación nunca debe selo motivo de abandono no campo ou da súa destrucción.

Por outro lado, aínda que este protocolo foi creado para a súa aplicación en casos de envenenamentos, non existe ningunha razón de índole xurídica ou práctica para pensar que non é igualmente aplicable para outros supostos delictivos (p. ex. disparos, cepos, etc.), incluidas tamén mortes accidentais. Neste último caso, a reclamación de medidas correctoras para algunhas mortalidades accidentais (falando do caso concreto da electrocución) pasa por unha correcta aplicación do protocolo xa que é a única forma de garantir a veracidade dos feitos denunciados.

É recomendable, polo tanto, que na medida do posible, para outras causas de mortalidade de especies protexidas, actúese do mesmo xeito que cos envenenamentos. Existen tamén moitos casos nos que a ausencia de síntomas claros e o estado de conservación do cadáver non permite dsitinguir a primeira vista entre un envenenamento e outra causa de morte. É relativamente frecuente o achádego de exemplares envenenados, por exemplo, baixo postes de tendidos eléctricos, e non son raros tampouco, os casos de envenenamento ou disparo nos que os animais son deliberadamente colocados baixo éstos.

Precintado i etiquetado

Tódalas mostras, incluidos os cadáveres deben ser precintados nun contedor estanco axeitado, que garanta a súa inviolabilidade. Para os cadáveres, recoméndase o uso dunha doble bolsa de plástico resistente, anudada e precintada no peche. No caso de cebos ou cadáveres pequenos, recoméndase o uso de envases de plástico ríxido con peche hermético (nunca evases de cristal, xa que ó romperse pérdese o precintado).

Tódolos envases deben ser etiquetados, indicando o número de orde das mostras. A etiqueta debe incluila mesma información reflexada no Atestado e debe permitila identificación da mostra de forma inequívoca. A información básica que debe incluir unha etiqueta é a seguinte:

* Identificación do contido (especie, idade, etc.).
* Localización do lugar de mostreo.
* Data e hora da recollida.
* Nome dos axentes que recollen as mostras.
* Número de atestado ou de protocolo.
* Número de mostras e de orde.

Todos estos datos, así como as persoas presentes coma testemuñas e as súas sinaturas, deben quedar reflexados na Acta e
deben coincidir, lóxicamente, os datos da acta cos da etiqueta.

En canto ó tipo de precinto a usar, a lexislación non establece o uso de ningún precinto concreto. O importante do precinto é que impida a manipulación da mostra. Así, pódense utilizar dende precintos de arame e selo de chumbo ata abrazadeiras dun só uso ou cinta adhesiva resistente. Unha boa forma de precintado é, tralo peche, a colocación da etiqueta identificativa sobre o precinto ou o peche (incluso coa sinatura ou selo), de xeito que si é manipulada queden evidencias ou non poidan ser restituidas.

Conservación

Recoméndase a conxelación a -20º C. como método de conxelación de todo tipo de mostras, incluidos cadáveres, si non se pode garantir a entrega no laboratorio no plazo dunhas horas. Ningún tóxico empregado como veneno degrádase pola conxelación. Ademáis, a propia fauna cadavérica pode consumir rapidamente o cadáver ou os cebos, polo que coa conxelación detemos, non só esta degradación, senon tamén o desenrolo désta. Para os cebos e mostras pequenas, recoméndase o uso de papel de aluminio previo á introdución no recipiente.

No caso de cadáveres antigos (esqueletizados), é aconsellable acompañalas mostras con mostras de terra de ata 15 cm. de profundidade recollidas debaixo do cadáver. A necesidade deste tipo de mostras é doble. Por un lado, moitas das especies de fauna cadavérica, nos que o seu desenrolo é a base do establecemento do tempo que leva morto o animal (datación), teñen parte do seu ciclo no solo, baixo o cadáver, ou nas inmediacións déste. Por outro lado, cando o grao de esqueletización é elevado e non existen xa tecidos blandos, é posible, illar e identificar o tóxico empregado nas mostras do solo.

Proporcionarase ó laboratorio a información pertinente relativa ás condicións de achádego do cadáver, en especial, as condicións climáticas e o tempo transcurrido ata a súa conservación.

Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies