CCOO denuncia a gran chapuzada de Función Pública
Concurso de traslados e toma de posesión definitiva
Axentes forestais/medioambientais
Tras pasar máis dun ano dende a convocatoria deste último concurso (o terceiro dende que existe a Xunta para este colectivo), e logo dun periplo no que CCOO tentou corrixir as contínuas meteduras de pata de Función Pública, como foi o ilegal nomeamento dos representantes da CSIF na comisión de valoración, ou planteando a que houbese unha segunda fase de resultas para non prexudicar a ninguén (tal como había aceptado Función Pública na xuntanza celebrada o día 1 de febreiro), temos que o día 12 de febreiro procedeuse, sen respetar o acordado previamente, a adxudicación definitiva das 100 prazas dos axentes forestais da última OPE.
O resultado final foi que a decisión unilateral adoptada por Función Pública provocou que deixaron sen adxudicación de praza, na fase de resultas, a todos aqueles axentes que solicitaron prazas encadradas en orixe na Consellería de Medio Ambiente, con explicacións un tanto peregrinas (que si o programa ……, que si non era legal….., que non sei que….., todo menos utilizar a máis elemental lóxica para resolver os problemas).
CCOO, tentou dende a publicación da resolución do concurso e ata o mesmo día da toma de posesión d@s últim@s 100 funcionarios desta escala, que Función Pública rectificase para evitar unha choiva de recursos que complicarán enormemente aínda máis todo este “kafkiano concurso”.
CCOO valora de xeito moi negativo o resultado final destes procesos, tendo en conta que os posibles afectados non chegan na súa totalidade a 100 (fase de concurso, máis resultas), polo que lamenta que Función Pública optase pola vía da xudicialización preferindo que os axentes afectados teñan que acudir a un procedemento contencioso largo e caro, en vez de buscar unha solución negociada que tivese en conta os dereitos de tódolos implicados.
Desde CCOO consideramos que despois da desidia e lentitude coa que se tratou este proceso, non pasaba nada en agardar uns días máis e facer ben as cousas, evitando así prexuízos innecesarios a tódolos posibles afectados, provocados pola propia Administración ó non ter feita, por Consellerías, a correcta codificación das prazas, obxecto do concurso e da toma definitiva de destino.
{xtypo_feed}CCOO{/xtypo_feed}
{jcomments on}