CCOO empraza a Núñez Feijoo
CCOO empraza a Núñez Feijoo a que, o luns, no plenario do Parlamento autonómico, admita sin paliativos, que o balance da loita contra incendios forestais no 2011 en Galicia, terá que cualificarse como “nefasto e tráxico”.
CCOO considera que, estes dous anos de goberno de Núñez Feijoo, foron un rotundo fracaso na xestión política da loita contra incendios forestais.
CCOO afirma que a improvisación na xestión e dirección, xunto coa excesiva atomización do operativo, impediron e impedirán avanzar en eficacia na loita contra incendios forestais en Galicia.
- Ano 2010: Dous brigadistas falecidos e miles de hectáreas calcinadas.
- Ano 2011: Un piloto falecido e miles de hectáreas calcinadas.
CCOO esíxelle compromisos concretos a Núñez Feijoo:
- Que convoque de inmediato ás organizacións sindicais e políticas para conformar un pacto social e político amplo que retire definitivamente en Galicia a loita contra incendios forestais do debate partidario.
- Que abandone as políticas provisorias, improvisadas e de parcheo na organización, despregue e repregue do operativo de defensa contra incendios forestais e conforme un operativo permanente, ordenado, organizado, público e profesionalizado ao servizo dos cidadáns durante todo o ano.
- Que transforme a actual estrutura excesivamente atomizada do operativo (Natutecnia, Martínez Ridau, Seaga, UME, SPDCIF) nun único OPERATIVO PÚBLICO E PROFESIONAL.
- Que reoriente a errónea xestión técnica e política da loita contra incendios forestais en Galicia con un novo equipo que contribúa con eficacia, rigor, transparencia e diálogo, a mellorar os resultados NEFASTOS E TRÁXICOS destes dous anos de goberno popular.
CCOO, ao respecto da loita contra incendios forestais, demándalle asímesmo á clase política dirixente:
- Fronte aos protagonismos mediáticos e partidistas, necesitase máis consenso parlamentario e máis dialogo coas organizacións sociais.
- Fronte ás valoracións hiper-optimistas, extemporáneas e auto-laudatorias, procede prudencia, rigor, transparencia e responsabilidade.
- Fronte á obscena ostentación pomposa oficial, fai falla máis respecto e máis medidas preventivas, tanto en prevención de riscos laborais para protexer aos traballadores, como en prevención de incendios forestais para protexer aos cidadáns.
- Fronte aos fracasos e as traxedias, so cabe a asunción de responsabilidades políticas e, especialmente manter unha actitude digna, tanto nos momentos doces coma nos amargos.
CCOO empraza finalmente a Núñez Feijoo a que desmantele os chuiringuitos que pululan a carón do SPDCIF: que disolva inmediatamente SEAGA, que rescinda a encomenda de xestión e dirección con NATUTECNIA e que convoque a Mesa de Negociación coas OOSS para empezar a preparar a próxima campaña de 2012, para que non se volvan a repetir os mesmos erros da de 2011 e da 2010.
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}
{xtypo_rounded1}Asemade queremos recordarvos que debedes ser vos mesmos os que teñades en conta o contemplado no Acordo asinado no ano 2004 (e do que CCOO foi o único sindicato que exerceu a denuncia da súa caducidade) e publicado “capado” coma Orde do 21 de marzo de 2005 (DOG 61 do 31/3/2005), no que se recolle a posibilidade de prolongación das xornadas ordinarias cun tope de 8 horas mensuais e a súa compensación (artigo 3.2), que tamén deberedes solicitar vos mesmos, pois os de arriba nin se lembran desas “cousiñas”. Se así o facedes asegurámosvos que máis pronto que tarde estarán a chamarnos á mesa de negociación. AH, e por certo, as xornadas de fin de semana de 12 horas, NON SE PODEN PROLONGAR, por se a algún xefe de distrito se lle ocorre a fantástica idea de querer facelo.
Todo o que sexa fóra do explicado anteriormente é denunciable pola vía xudicial.
Recibide unha aperta.
Alejandro Rodríguez Pazos{/xtypo_rounded1}