CCOO oponse á división do Corpo de Axentes forestais e medioambientais en dúas consellerias
A división do Corpo de Axentes penaliza a efectividade e a optimización dos recursos públicos
A reestruturación da Xunta de Galicia mediante a redución a oito consellerías conlevou á asignación de persoal das escalas de Axentes Facultativos Medioambientais e da de Axentes Forestais a dúas consellerías distintas, cando está sobradamente demostrado que integrados nunha mesma consellería son máis efectivos e optimízanse mellor os recursos públicos.
Esta división non é nova para estes traballadores, pois xa co goberno bipartito se fixo esta manobra que obtivo moi malos resultados na xestión, tanto na loita contra os incendios forestais coma na vixilancia e protección do Medio Ambiente.
Así pois, en 6 ou 7 anos, os Axentes Forestais e Medioambientais tiveron 4 modificacións en canto á súa dependencia e encadre na organización na Xunta de Galicia, e o único que quedou claro foi que dita división resultou un erro organizativo e un despilfarro de medios públicos.
Para CCOO a xestión eficiente dos medios e recursos dos que dispón a Administración Pública debe ser unha esixencia de primeira orde tanto para os cidadáns como para os propios responsables de que esa xestión sexa a mellor para a prestación dos servizos públicos co menor custo posible para o erario.
Deste xeito denunciamos a división da pírrica plantilla de Axentes que leva conxelada
dende hai máis de trinta anos, e opoñémonos a esta separación que non pode conlevar máis que problemas e disfuncións tanto de carácter organizativo como funcional.
En consecuencia dende CCOO esiximos unha rectificación ao Presidente da Xunta, no senso de que o colectivo dos Axentes Forestais e Medioambientais siga unificado baixo a dependencia dunha soa Consellería, porque está demostrado que dita unificación é máis operativa, máis funcional e contribúe a unha mellor optimización dos recursos públicos, neste caso en beneficio da protección e conservación do Medio Ambiente de Galicia.
Para máis información:
José Antonio Pérez Alvite (Tfno. 649 876 464 – 660 682 399)
Alejandro Rodríguez Pazos (Tfno. 657 659 534)
Sección Sindical Axentes Forestais CCOO de Galicia
{xtypo_feed}Orixinal{/xtypo_feed}
{jcomments on}