CCOO oponse á paralización dos procesos selectivos

 

CCOO OPONSE  ROTUNDAMENTE  Á PARALIZACIÓN DOS PROCESOS SELECTIVOS NA XUNTA DE GALICIA, ORDENADA POLO CONSELLEIRO DA PRESIDENCIA
 
CCOO oponse á paralización ordenada pola Conselleiro da Presidencia dos procesos selectivos acordados na Xunta de Galicia, polo que non se entende como a CIG fai ACUSACIÓNS MENTIROSAS, utilizando nesta ocasión a súa paxina web, acusándonos de xeito vergoñento de contribuír á paralización da Administración “…ata que chegue o novo goberno”.

 
Sinceramente, non sabemos en que se basean para facer estas acusacións tan graves e sen fundamento, cando precisamente foi CCOO quen solicitou (telefonicamente e persoalmente á Directora Xeral da Función Pública, e telefonicamente ao Sr. Roura e por escrito ao Sr.Méndez Romeu) a continuidade no trámite de todos aqueles procedementos xa publicados (incluído a designación de tribunais) e de todos os que están pactados coas organizacións sindicais e que afectan ao persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia (promoción interna, etc.).

Nos consta que sí houbo unha central sindical que manifestou o seu interese en paralizar o nomeamento dos tribunais ata que chegue o goberno do PP, pero en todo caso que cada QUEN  responda ante os traballadores polo que opina e fai. O que CCOO non vai a admitir en ningún caso e que se nos acuse de contribuír a algo co que non estamos de acordo e que seguramente fomos a central sindical que fixo mais esforzos para evitar (delo poden dar conta os responsables políticos anteriormente enumerados).  En todo caso, si os sinvergonzas da CIG se referian a que CCOO esta de acordo, en que se paralicen os procesos  selectivos do CONSORCIO GALEGO de SERVICIOS de I+B, acertan plenamente, pois consideramos que estes non reunen as garantías mínimas de igualdade, mérito, e capacidade e a maiores non respetan criterios de transparencia, obxectividade e participación sindical no desenvolvemento das probas. Emprazamos os “compañeiros” da CIG que antes de imputarnos falsas actuacións se cerciorasen ben do que escriben e a que se refieren para evitar confundir o persoal  de xeito malintencionado.

Volvendo ó problema da paralización dos procesos, ao noso entender unha das razóns que provocaron a decisión do Conselleiro da Presidencia, ten mais que ver coa polémica suscitada coas manifestacións da UGT dirixidas á Dirección Xeral da Función Pública acusándoa de actuar de xeito caciquil e irregular na designación do tribunal do proceso selectivo da agrupación profesional do Persoal Subalterno.

Como nese tribunal están nomeados, como vocais titular e suplente, representantes de CCOO consideramos necesario aclarar como se sucederon os acontecementos, deixando claro previamente que para a designación dos tribunais utilizamos un cuadrante que foi elaborado en función da representatividade na mesa sectorial de funcionarios:

  • O día 10 de febreiro, ao remate da Comisión de Persoal, a directora xeral da Función Pública solicita que vaiamos designando representantes nos tribunais. Diante desta solicitude, pedímoslle á directora que nos remitise unha relación dos tribunais que pretendía constituír para, con ela, ir aos cuadrantes e mirar a que sindicato lle correspondía cada tribunal.
  • O mesmo día 10 pola tarde e o día 11, envíansenos por correo electrónico as relacións solicitadas, e, seguindo o procedemento habitual (comprobar si estabamos todos no mesmo punto do cuadrante), facemos as correspondentes asignacións.
  • Un par de días despois temos coñecemento de que a UGT non esta de acordo co procedemento porque entende que se nos ten que ir solicitando por escrito segundo a orde en que van a saír convocados. Non estando de acordo coa apreciación da UGT, xa que, por exemplo, na solicitude de representes de tribunais do 5 de marzo de 2008, non coincide, nalgún caso, a orde dos tribunais na relación coa orde da publicación da convocatoria. Pero é que ademais nos parece unha solemne chorrada que se publique coa orde da relación ou non. En todo caso, ao ter coñecemento da desconformidade da UGT, poñémonos en contacto con Función Pública co obxecto de informarlles da discrepancia e lle manifestamos que CCOO non ía designar representantes (o que mais urxencia lle tiña a Función Pública era o de subalternos) ata que non aclaren o problema con UGT. Uns días despois se nos dí dende Función Pública que xa esta todo arranxado e que podemos designar, e así o fixemos o día 19 de febreiro, saíndo publicado no DOG do 26 de febreiro.
  • O día 13 de marzo a UGT presenta un escrito acusando á DXFP de actuacións caprichosas, irregulares e caciquís.

En todo caso desde CCOO consideramos que se debe continuar con tódolos procesos que foron acordados e tramitados nas distintas mesas de negociación, e rexeitamos contundentemente as falsas acusacións que nos formulan desde a CIG en base a inexactitudes que cumpría comprobar antes de emitilas para non provocar prexuízos innecesarios.

 
 
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2009
ACCIÓN SINDICAL – SECTOR ADMÓN. AUTONÓMICA de CCOO de Galicia
Comparte isto!:

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche na ligazón para máis información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies